lunes, 31 de enero de 2011

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerán a concesión de 4 bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio para contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito, e proceder a súa convocatoria.
Beneficiarios:
As persoas que reúnan os seguintes requisitos :
a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así
como estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior. A persoa solicitante
deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao
remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005
ou posterior. Titulacións: ciencias económicas e empresariais, dereito, ciencias políticas, administración e dirección de empresas, ciencias do traballo, técnica/o superior en comercio e márketing (superiores e grao medio)
d) Non ter obtido anteriormente outra bolsa das mesmas características na Dirección Xeral de
Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento
das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas
no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ( Diario Oficial de Galicia
nº 121, do 25 de xuño).
Prazo de presentación de solicitudes: 01/02/2011 ao 01/03/2011