lunes, 31 de enero de 2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
SOLICITUDE
Obxecto: Convocatoria de axudas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas como proxectos dirixidos á mocidade, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as. Considéranse áreas de atención prioritarias as seguintes:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas dos xoves na súa comunidade e contorno.
Beneficiarios:a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e reúnan os requisitos establecidos.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/02/2011