Programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.
SOLICITUDE
Obxecto: Bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:
- Programa I- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa II- Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa III- Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
- Programa IV- Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
- Programa V- Actividades de promoción do cooperativismo.
Beneficiarios: Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde:
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.
c) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3.2.1 da base terceira.
d) As persoas desempregadas, os demandantes de mellora de emprego, así como os asalariados/as das cooperativas e sociedades laborais, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
e) As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de Actividades de promoción do cooperativismo.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/02/2011