jueves, 13 de enero de 2011

BANDO

BANDO

D. JOSE LUIS COEDO NOVO, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),

F A G O     S A B E R:

Que O Concello de As Nogais está adherido ao Plan Lugo Emprega a través do cal se  realizará unha selección de persoal laboral temporal, na categoría de operario de servizos diversos, para a contratación de sete traballadores. 

Todas as persoas que estean interesadas en participar no proceso de selección deberán solicitalo no Concello desde o día 14 ao 19 de Xaneiro, mediante a cumplimentación dunha solicitude e a aportación dunha fotocopia do DNI e da tarxeta de demandante de emprego actualizada, ou ben dun certificado de estar inscrito como desempregado en calquera oficina de emprego da provincia de Lugo.

O sistema de selección consistirá:
·             Nun exercicio tipo test de 10 preguntas que versará sobre aspectos xerais de Administración Local, así como coñecementos específicos relacionados coas funcións e tarefas a desenvolver.
·             Nunha entrevista curricular.

A publicación da composición do Tribunal de Selección, así como a lugar, data e hora de realización da proba de coñecementos realizarase no Boletín Oficial da Provincia. As ditas publicacións efectuaránse cunha antelación mínima de 48 horas á realización da proba de coñecemento.
Ás persoas seleccionadas formalizaráselles un contrato laboral temporal por unha duración de seis meses.

Para máis información achegarse ás Oficinas do Concello  en horario de 9 a 15h de luns a venres.

Dado en As Nogais a 13 de Xaneiro de 2011

O ALCALDE