lunes, 9 de enero de 2023
AXUDA ECONÓMICA ÁS PERSOAS BENEFICIARIAS DO RÉXIME DE PROTECCIÓN TEMPORAL AFECTADAS PLO CONFLITO DE UCRAÍNA PARA 2023
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE
Obxecto e réxime de concesión das axudas
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para a concesión dunha axuda económica, durante seis meses consecutivos, ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes.
2. A concesión destas axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria e por tramitación anticipada de gasto.
Requisitos das persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que estean en posesión do estatuto de protección temporal, de conformidade co Real decreto 1325/2003, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento sobre réxime de protección temporal no caso de afluencia masiva de persoas desprazadas, e da Orde PCM/169/2022, do 9 de marzo, pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína, e pola Orde PCM/170/2022, do 9 de marzo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 8 de marzo de 2022, polo que se amplía a protección temporal outorgada en virtude da Decisión de execución (UE) nº 2022/382 do Consello, do 4 de marzo de 2022, a persoas afectadas polo conflito en Ucraína que poidan atopar refuxio en España.
b) Que figuren como empadroadas nalgún concello de Galicia.
c) Que acrediten a carencia de recursos económicos, nos termos do Real decreto 220/2022, do 29 de marzo, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula o sistema de acollida en materia de protección internacional.
d) Que, no momento de presentar a solicitude, a persoa beneficiaria non ocupe praza nin obteña recursos ou medios do dispositivo de emerxencia da Secretaría de Estado de Migracións para atender persoas desprazadas nin de ningún dos programas que forman parte do itinerario de acollida.
Determinación do importe da subvención
1. Asignarase unha contía fixa de 400 euros ao mes por persoa adulta que teña a condición de destinataria final da subvención, conforme os requisitos do artigo anterior, máis 100 euros por persoa menor de idade a cargo. No caso de existir máis dunha persoa responsable do menor, soamente unha delas poderá percibir a contía adicional por menores de idade a cargo.
A axuda aboarase mensualmente durante seis meses.
2. Unha vez recibidas as solicitudes, a axuda concederase a todos os que a soliciten ata o esgotamento do crédito. Para estes efectos, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes no rexistro electrónico da Xunta de Galicia. Para tal fin, considerarase data de presentación aquela en que a solicitude estea validamente cuberta e acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.
Compatibilidade das axudas
As subvencións concedidas ao amparo desta orde serán incompatibles coa percepción por parte das persoas beneficiarias dos recursos, actuacións e servizos proporcionados a través do itinerario do sistema de acollida de protección internacional, regulado no Real decreto 220/2022, do 29 de marzo, ou do dispositivo de emerxencia.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo).
2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO 2023
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO SISTEMA EDUCATIVO PARA 2023
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
AXUDAS AOS CUSTOS DERIVADOS DA INSTALACIÓN DE VALADOS FIXOS COMO MEDIDA DE PREVENCIÓN DOS DANOS QUE POIDAD OCASIONAR O LOBO 2023
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie, e convocalas para o ano 2023 (procedemento MT809F).
Persoas beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
Contía
As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun importe total de catrocentos mil euros (400.000 €).
Subvencionarase a adquisición e instalación de valados fixos:
a) Valados fixos electrificados.
O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.
b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.
O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DE DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE 2023
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e convocalas para o ano 2023 (código de procedemento MT809D).
Persoas beneficiarias
1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e o oso:
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril.
Poderanse acoller a estas axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.
Contía
a) Liña de prevención de danos ocasionados polo lobo: comprenderá ata un importe de setecentos mil € (700.000 €), que se destinarán para a adquisición e mantemento de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada.
b) Liña de prevención de danos ocasionados polo oso: comprenderá ata un importe de vinte mil € (20.000 €), que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos.
c) Liña de prevención de danos ocasionados polo xabaril: comprenderá ata un importe de douscentos oitenta e seis mil catrocentos trinta e oito € (286.438 €), que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos.
A repartición anterior aplicarase sen prexuízo de que, unha vez atendidas todas as solicitudes para cada liña de actuación, poida utilizarse o posible orzamento sobrante nunha delas para atender solicitudes na outra.
Subvencionarase a adquisición de:
1. Cans para a protección e defensa do gando: para súa adquisición, ata un importe máximo de 300 € por can, e para os gastos de mantemento, ata 200 € por can.
2. Adquisición de pastores eléctricos. A contía máxima da axuda por explotación é de 600 €.
3. Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada. A contía máxima da axuda será de 100 euros por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
miércoles, 4 de enero de 2023
AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA 2023
Obxecto
O obxecto da orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2023 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
Persoas beneficiarias
1. A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2023 e liñas gandeiras dos plans 2022 e 2023, formalizadas en 2023, incluíndo as regularizacións destas liñas de plans anteriores, sempre que cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde, segundo se desprende do artigo 20.1 do Real decreto 425/2016, así como do punto décimo do 44º Plan de seguros agrarios combinados aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 29 de novembro de 2022 (BOE do 9 de decembro de 2022), e da disposición adicional primeira da orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.
2. As subvencións a que fai referencia a orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.
Prazo de presentación de solicitudes
Nos anexos I, II e III da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguro correspondentes ás diferentes liñas de seguro que compoñen o Plan de seguros agrarios.
A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».
A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de que non foi obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.
En aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel.