jueves, 1 de octubre de 2026

XORNADA FORMATIVA: FERTILIZACION EQUILIBRADA NO AGRO GALEGO


 

A fertilización é un factor de grande impacto nos resultados das explotacións agrogandeiras galegas: un manexo axustado dos nutrientes mellora a saúde do solo, reduce custos e contribúe a protexer a calidade das augas e a minguar as emisións. Ao tempo, o Real Decreto 1051/2022 configura un novo marco de obrigas con prazos de aplicación que comezan en 2026.  Esta xornada estratéxica reúne visións técnicas, científicas, normativas e cooperativas para achegar criterios prácticos e facilitar unha adaptación anticipada, eficiente e rendible:

 

🩺 Saúde do solo e produtividade sostible: fertilidade, materia orgánica e microbioloxía, problemáticas e desequilibrios nutricionais en Galicia
♻️ Estratexias sostibles e economía circular: fertilización orgánica, aproveitamento de subprodutos, uso eficiente de fertilizantes e sustentabilidade ambiental
📟 Agricultura de precisión, ferramentas dixitais e tecnoloxías para optimizar o uso de nutrientes e augas
📜 Lexislación, caderno de campo e obrigatoriedade de asesor. Preparar a cooperativa para o Real Decreto 1051/2022
🔬 Fertilización equilibrada e eficiencia nutricional: macronutrientes e micronutrientes, interpretación da análise de solo, optimización e eficiencia
💬 Mesa de diálogo: retos e oportunidades da fertilización sostible nas cooperativas agroalimentarias

 

📆 15/10/2026 
🖥️ Online: Zoom
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/t6u-6sZgSk6FlVRW_oIlBw#/registration

➕ Máis información:  🖥️ online ou 📞 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase nas actividades da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia.