Consellería do Medio Rural
Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións destinadas a compensar os danos derivados da aplicación de medidas fitosanitarias de erradicación adoptadas sobre vexetais afectados por pragas de corentena e outras pragas regulamentadas.
b) Convocar, para o ano 2026, as indemnizacións reguladas nesta orde (código de procedemento MR465A)
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas, as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica titulares de vexetais ou produtos vexetais afectados polas medidas fitosanitarias de erradicación adoptadas pola autoridade competente como consecuencia da declaración oficial da presenza dunha praga de corentena ou doutra praga regulamentada que se determine na correspondente convocatoria.
As empresas unicamente poderán ser beneficiarias cando teñan a condición de microempresa ou de pequena ou mediana empresa (peme), de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.
No caso de produtores de plantas de viveiro, deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, e non será posible outorgar a indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumpría este requisito.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes e, de ser o caso, da correspondente documentación será dun mes, e comezará ás 9.00 horas, unha vez transcorridos cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e finalizará ás 20.00 horas do último día do prazo.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.