|
Aberta a inscrición no XV Programa de Apoio a
Empresas Agroalimentarias
|
|
|

|
|
🎉 Xa
está aberta a inscrición no Programa de Apoio a Empresas
Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega, que en
2027 cumprirá 15
anos acompañando ás persoas
emprendedoras e empresas que, co seu traballo e esforzo, crean
riqueza nos espazos rurais de Galicia.
A XV
edición será aínda máis especial, xa que temos unha novidade: o GreenHub
Verín-Monteval, un itinerario territorial
específico para os concellos da
Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei,
Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e a súa contorna.
|
|
|
|
|
|
🚀
Para quen non o coñeza, o Programa de Apoio a Empresas
Agroalimentarias ofrece formación e mentorización especializada para
emprendedores e empresas de toda Galicia dos ámbitos agroalimentario, forestal,
bioeconomía, marisqueiro, pesqueiro e iniciativas de base tecnolóxica e servizos
que dean soporte aos anteriores.
Coma todos os anos,
as persoas interesadas poden presentarse en dúas modalidades: Emprendemento,
para a creación de novas empresas, sucesións e recuperación de
negocios familiares, e Crecemento
e Consolidación, dirixida a autónomos, pemes e
micropemes que queiran mellorar o funcionamento dos seus negocios.
|
|
|
|
📅 Prazo: ata o martes, 8 de decembro. Non esperes ao último día‼️
|
|
|
|
|
|
|