CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie, e convocalas para o ano 2023 (procedemento MT809F).
Persoas beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
Contía
As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun importe total de catrocentos mil euros (400.000 €).
Subvencionarase a adquisición e instalación de valados fixos:
a) Valados fixos electrificados.
O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.
b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.
O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.