jueves, 1 de octubre de 2026

PREMIOS AO MELLOR TRABALLO FIN DE GRAO, FIN DE MÁSTER E TESES DE DOUTORAMENTO EN TEMÁTICAS RELACIONADAS COA AXENDA 2030, A COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO E A RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA NO CURSO ACADÉMICO 2025/26 DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 17 de setembro de 2026 pola que se convocan os premios ao mellor traballo fin de grao, traballo fin de máster e teses de doutoramento en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social corporativa (RSC) no curso académico 2025/26.

Obxecto
Recoñecemento dos traballos de fin de estudos de grao e máster universitario e de teses de doutoramento realizados polo estudantado da Universidade de Vigo, que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social.

Persoas beneficiarias
Alumnado que superase na Universidade de Vigo durante o curso 2025/26 o traballo fin de grao ou traballo fin de máster universitario; no caso de tese de doutoramento, esta debe ter sido lida e defendida entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026 coa cualificación de sobresaliente cum laude.

Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de nove mil euros (9.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 18 de setembro ata o 8 de outubro de 2026.