jueves, 5 de marzo de 2020

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DE ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA 2020

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Artigo único. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvención correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (DOG nº 25, do 6 de febreiro), ata o 16 de marzo de 2020, inclusive.

BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MÁSTER QUE SE INICIEN NO CURSO 2020/21 NUNHA UNIVERSIDADE GALEGA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega, condicionada aos límites de financiamento.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2020, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

miércoles, 4 de marzo de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECOINNOVACIÓN COMERCIAL

SUBVENCIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAL VOLUNTARIO DE PROTECCIÓN CIVIL DE CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás AVPC, segundo recolle o artigo 72 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva.

Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas AVPC nos gastos de natureza corrente para posibilitar o seu funcionamento dentro dos respectivos concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as agrupacións de persoal voluntario de protección civil de Galicia (en diante, AVPC) legalmente constituídas, sen fins de lucro, que no día da publicación desta orde cumpran os seguintes requisitos:
a) Estaren inscritas no Rexistro de agrupacións de persoal voluntario de protección civil ou ter presentada oficialmente a solicitude de inscrición nel; neste caso queda condicionada a concesión da subvención á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.
b) Teren dependencia funcional dun concello de menos de 50.000 habitantes, mancomunidade ou agrupación de concellos.
c) Xustificaren o investimento e liquidación de subvencións concedidas en anos anteriores, segundo o disposto nos artigos aplicables da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e concordantes, e do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de tal forma que a non xustificación deste investimento e liquidación comporta non poder optar ás subvencións nos seguintes exercicios.
d) Non teren sido condenadas por sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións públicas, estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non teren pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Cumpriren o disposto no artigo 54 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e contrataren un seguro de accidentes, así como de responsabilidade civil.

As subvencións poderán ser destinadas a:
1. Equipamento e vestimenta persoal de uniforme, de acordo co establecido no Decreto 123/2014, do 18 de setembro, polo que se regula a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario, e a Orde do 24 de febreiro de 2015 que o desenvolve.
2. Equipamentos de prevención e de protección, sempre que se trate de material funxible (incluído material de caixa sanitaria).
3. Gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil.
4. Gastos ocasionados pola conservación, mantemento e/ou alugamento da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, así como os gastos de comunicación fixos e móbiles de voz e datos.
5. Pagamento de seguros do persoal voluntario de protección civil ou outro tipo de seguros relacionados cos medios e desenvolvemento do traballo e das tarefas da AVPC.
6. Gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.
7. Equipamento do material informático e de comunicacións, sempre que en ambos os casos se trate de elementos funxibles.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 3 de marzo de 2020

MAPA DE RECURSO DE EMPREGO PARA A MOCIDADE

VOLUNTARIADO EN ESPAZOS NATURAIS

PROGRAMA DE ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Beneficiarios
Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1990.
2. Posuír a nacionalidade española e nacido en Galicia, ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con dous anos de antigüidade á data de publicación destas bases.
3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:
a) Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Transporte e Loxística, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Empresariais, Ciencias Políticas, Comercio, Comercio Exterior, Dereito, Dirección e Creación de Empresa, Dirección de Empresas-BBA, Dirección Financeira e Contabilidade, Economía, Enxeñaría, Estatística e Empresa, Marketing e Dirección Comercial, Marketing e Investigación de Mercados, Relacións Internacionais, ou outras con distinta denominación pero de contidos similares ás citadas.
b) Formación profesional: técnico superior en Comercio Internacional.
c) Outras titulacións universitarias non preferentes (licenciatura, diplomatura ou grao) doutras temáticas coa condición de que se dispoña ademais de título de master en Comercio Internacional.
4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).
5. Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego antes da data de presentación da súa solicitude de axuda.
6. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerado beneficiario de subvencións.
7. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas con posterioridade ou lles fose determinado un incumprimento total.
8. Non ter gozado dunha bolsa concedida por outros organismos distintos de Igape, relacionada coa internacionalización empresarial ou con prácticas en empresas fóra de España. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.
9. Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da comunidade autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.