jueves, 5 de marzo de 2020

BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MÁSTER QUE SE INICIEN NO CURSO 2020/21 NUNHA UNIVERSIDADE GALEGA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega, condicionada aos límites de financiamento.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2020, ás 23.59 horas (hora peninsular española).