martes, 2 de junio de 2026

TELEFORMACIÓN: A ECONOMÍA SOCIAL E A MODERNIZACION DO SECTOR AGROALIMENTARIO: CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE E MEDIOAMBIENTAIS

 


🎓 Dende onde queiras. Cando queiras. Aprende gratis acerca dos diferentes tipos de certificacións que pode obter a túa explotación. Quizais xa poidas optar a algúns que non coñeces ou che interese conseguir outros, porque cada vez é máis importante demostrar como se traballa nas granxas galegas.

 

No curso "A economía social e a modernización do sector agrario: certificacións de calidade e medioambientais" ofrecemos aproximadamente 70 horas de formación online gratuíta sobre certificacións coma ISO, BRC/ IFS, GLOBALG.A.P. e outras máis específicas de vacún de leite. Tamén atoparás formación acerca da pegada hídrica, a pegada de carbono e o análise de ciclo de vida. Pero o curso non queda aí: inclúe información acerca das cooperativas e o marco legal no que operan.

 

Módulos formativos:

Cooperativismo no sector primario

Certificacións de calidade

Certificacións medioambientais

 

📆 08/06/2026 - 19/07/2026
🖥️ Online: plataforma de teleformación accesible as 24 horas do día. 
🎟️ Inscrición gratuíta

🖥️ Máis información ou 📞 981 58 47 83 (Demetrio Bedriñana)