AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
FinalidadeFixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a representación de funcións de artes escénicas e música producidas e realizadas por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais que desenvolvan a maior parte da súa actividade en territorio galego, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT406A).
Persoas beneficiarias
Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as persoas que a continuación se sinalan:
Artes escénicas.
Modalidade A.1: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modalidade A.2: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas en Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
B. Música.
Modalidade B.1: subvencións para a realización de funcións musicais fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos musicais que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.