martes, 28 de enero de 2020

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS E CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Persoas beneficiarias
En función do tipo de axuda solicita, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (Plans de mellora nas explotacións agrarias, código procedemento MR405A).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código procedemento MR404A).
a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe de dita explotación.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código procedemento MR405B).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2020.