lunes, 13 de enero de 2020

AXUDAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE, POR CAUSAS SOBREVIDAS E IMPREVISTAS , TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTIUAR ESTUDOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Persoas beneficiarias
O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2019/20, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2020, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.