lunes, 6 de mayo de 2013

INDEMNIZACIONS E AXUDAS DE COMPENSACIÓN EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN.


Obxecto:establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2013:
a) As indemnizacións, para as distintas especies animais, a que teñen dereito os titulares rexistrados en Galicia, de animais e/ou produtos sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, ou como consecuencia de actuacións, tratamentos ou manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico, realizadas no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
b) As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación de gando bovino, ovino e cabrún, rexistrada en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levadas a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
c) As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, tras a realización do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de morte dos animais desas especies producidos nestes marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais a consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.