jueves, 30 de mayo de 2013

AXUDAS ÁS INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN


 Proxectos obxecto de apoio1.1. Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido ás iniciativas abertas de difusión, entendendo por tales:
a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
b) Realización en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
c) Realización en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional.
O alcance internacional do evento proposto será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores, no caso de congresos, ou de asistentes e expositores, no caso de eventos expositivos, sen que poidan, por tanto, seren considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros.
1.2. Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica e financeira.
1.3. Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 1.000 €.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xullo de 2013