martes, 7 de mayo de 2013

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS


Obxecto das subvencións: As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia.
Beneficiarios: Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que acrediten coa solicitude de axuda o cumprimento dos seguintes requisitos:
1º. Ter domicilio e/ou alta fiscal dentro do territorio rural galego, entendendo por tal o descrito no artigo 2.b).
2º. Dispor de menos de 10 traballadores no cadro de persoal, incluindo os de alta no Réxime xeral da Seguridade Social e os que deban estar no Réxime especial de traballadores autónomos, e non superar os 2 millóns de euros para o volume de negocio anual ouo balance xeral anual, isto é, débese cumprir coa condición de microempresa segundo a normativa comunitaria (Regulamento (CE) 800/2008).
3º. Dispor de contrato de conexión a internet de alta capacidade ou estar en condicións de dispor de conexión antes da data límite de xustificación da subvención.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xuño.