martes, 7 de mayo de 2013

AXUDAS ÓS INVESTIMENTOS EN MATERIA AMBIENTAL


Obxecto e finalidade: regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer pública para o ano 2013, a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental que se describen no artigo 4.
 Beneficiarios:Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, individualmente ou en colaboración con outra/s, cumpran os seguintes requisitos:
– Estar validamente constituídas no momento da presentación da solicitude.
– Axustarse á definición comunitaria de pequena e mediana empresa establecida no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008 (DOUE L 214/3, do 9 de agosto de 2008). Segundo o establecido nesta disposición, empresa é toda entidade que, independentemente da súa forma xurídica, exerce unha actividade económica. Enténdese por actividade económica, segundo a terminoloxía comunitaria, a oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado.
– Ter o domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e ser neste mesmo ámbito territorial onde se desenvolva ou materialice o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
– No caso de que o proxecto o requira, a entidade solicitante deberá dispoñer en réxime de propiedade dunha infraestrutura física adecuada para o tipo de actuación que se propoña respecto dela.
Sempre que se cumpran os requisitos anteriores, poderán ser destinatarios destas axudas, en particular, as seguintes entidades:
– As asociacións e fundacións
– Os sindicatos e asociacións profesionais e empresariais.
– Os clústers empresariais galegos.
– Os centros tecnolóxicos.
– As cooperativas sen ánimo de lucro.
– Outras que, aínda carecendo de personalidade xurídica, se axusten aos requisitos
sinalados.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xuño