lunes, 27 de mayo de 2013

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES GALEGOS RETORNADOS


Obxecto e réxime das axudas1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Nestas bases reguladoras establecese unha axuda para facer fronte de maneira xenérica á situación derivada do retorno e outra axuda destinada especificamente para os seguintes gastos: traslado de enxoval, gastos da viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos. Estas dúas axudas son compatibles entre si.
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, e con base no disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamentoda Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios/as1. Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as seguintes persoas:
a) Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última veciñanza administrativa n Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á Comunidade Autónoma.
b) Os familiares das persoas indicadas na alínea anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e arentes consanguíneos de ata o segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.
2. Os/as anteditos /as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2013.