jueves, 6 de febrero de 2025

XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: PRODUCIÓN DO LÚPULO

 



ACTIVIDADES PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROPOSTAS EMPRENDEDORAS E DE TRABALLO AUTÓNOMO


                                

Desde a área Emprende de Acción Contra a Fame
organizamos tres actividades para impulsar o Desenvolvemento de propostas emprendedoras e de traballo autónomo que agardamos que sexa da vosa interese. Todas serán en formato online, para facilitar a asistencia de persoas que viven en todo o territorio galego. Coma sempre, agradecemos a vosa colaboración na difusión destos eventos e quedamos atentas para acoller calqueira dúbida ou suxerencia.

  

Xoves

06 febreiro

15:00 a 16:00 horas

🌎 Axudas para Emprender

para Persoas Emigrantes Retornadas 🌎

 

Pílula informativa sobre as axudas da Xunta de Galicia para o fomento do emprendemento e traballo autónomo na nosa comunidade para persoas Emigrantes Retornadas.

Enlace de rexistro para participar na actividade Fai clic aquí Gesto de aguantar con relleno sólido

 

Xoves

13 febreiro

15:00 a 16:00 horas

🕸 Axudas para Emprender

en Economía Social 🕸

 

Pílula informativa sobre as axudas da Xunta de Galicia para o fomento do emprendimiento baixo a fórmula de cooperativas de traballo asociado ou sociedades laborais na nosa comunidade (Axudas APROL).

Enlace de rexistro para participar na actividade Fai clic aquí Gesto de aguantar con relleno sólido

 

Mércores

19 febreiro

16:30 19:00 horas

Símbolo Ubicacion Vectores, Iconos, Gráficos y Fondos para Descargar Gratis Espazos de traballo compartidos Símbolo Ubicacion Vectores, Iconos, Gráficos y Fondos para Descargar Gratis

 

Sesión formativa para coñecer a fórmula dos espazos de traballo compartidos. Idéase como un encontro práctico para descubrir cómo os espazos compartidos poden facilitar o emprendemento especialmente no rural, reducindo custes e xerando novas oportunidades. Un espazo no que buscar alternativas que che faciliten por en marcha o teu proxecto.

Enlace de rexistro para participar na actividade Fai clic aquí Gesto de aguantar con relleno sólido

lunes, 3 de febrero de 2025

CURSO ONLINE: EMPRENDE-INNOVA PARA PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS

🌎 Ayudas para Emprender para Personas Emigrantes Retornadas 🌎

dirigido a personas que quieren emprender.

Será el próximo jueves 06 de febrero de 15 a 16 horas y para participar las personas interesadas sólo se tienen que registrar en el formulario accediendo en el link del evento.

 

Haz clic aquí Gesto de aguantar con relleno sólido

 

El Programa Vives Emprende – Competencias para el Emprendimiento es un programa gratuito impulsado por Acción Contra el Hambre que apuesta por el emprendimiento como forma de acceder al mercado laboral. Trabajamos con personas* que tienen una idea de negocio, ofreciendo asesoramiento personalizado y adaptándonos a sus necesidades e intereses, con la intención de promover la calidad en el empleo y fomentar el trabajo por cuenta propia y la creación de empresas.  Además, dentro del itinerario se incluye el Curso Online “Emprende – Innova”, un complemento formativo interactivo gratuito de emprendimiento de 22 horas de duración en el que se trabaja la definición de la idea de negocio, liderazgo y toma de decisiones, así como herramientas de gestión del tiempo.  

 Nota*: El criterio de selección actual para participar en el proyecto es el recogido en el Artículo 3 de la Ley 10/2013 de la Ley de Inclusión Social de Galicia.

martes, 21 de enero de 2025

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE DEREITOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS E SEGURIDADE DOS PRODUTOS 2025

 Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO400E).

Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Importe e duración
Oito bolsas cunha duración máxima de 10 meses cada unha, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2025.
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 euros por mes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE CERTAMES DE GANDO BOVINO SELECTO 2025

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de certames de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR562A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, as bases reguladoras das axudas para a celebración de certames de gando bovino selecto na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR562A).
2. O procedemento de concesión das axudas recollidas nesta orde, de xeito excepcional, non requirirá a comparación nin a prelación das solicitudes presentadas, senón que se tramitarán todas as solicitudes a medida que as entidades solicitantes as presenten, ata esgotar o crédito orzamentario, e en cumprimento do artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as entidades locais, as asociacións de persoas gandeiras, incluídas as xestoras dos libros xenealóxicos, asociacións de persoas empresarias e outras entidades sen ánimo de lucro de Galicia que organicen certames de gando selecto e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Dispoñer de instalacións axeitadas adaptadas ao tipo de certame, que garantan unhas condicións sanitarias e de benestar animal óptimas.
d) Dispoñer de medios técnicos e de persoal para a celebración deste tipo de eventos.
e) Dispoñer dun regulamento interno en que se establezan as condicións mínimas de presentación, benestar animal, sanidade e calidade xenética que deben cumprir os animais participantes.
f) Contar coa autorización previa por parte dos servizos veterinarios oficiais para a celebración do evento.
g) Contar coa colaboración da correspondente asociación de gandeiros oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do Libro Xenealóxico ou a realización do control de rendementos, polo menos no relativo á acreditación de que os animais participantes nos eventos estean inscritos nos libros xenealóxicos correspondentes.
h) Os animais participantes en cada certame deben proceder, polo menos, de 5 explotacións distintas.
i) Ademais, no caso das entidades locais, deberán cumprir o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Solicitudes e prazo de presentación
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
O prazo para a presentación de solicitudes será de:
a) Para os certames celebrados desde o 1 de novembro de 2024 ata á data de publicación desta orde: un mes desde o día seguinte ao da súa publicación.
b) Para os certames que se celebren despois da publicación desta orde: un mes contado desde o día seguinte da celebración do evento e coa data límite do 31 de outubro de 2025.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación ou celebración segundo o caso; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS Á PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑIA ABANDONADOS EN GALICIA 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2025, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados e/ou formen parte de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e á adquisición de material para a xestión e manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2025, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B).

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.
Para poder seren beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables recollidos nas letras a) e c) do artigo 2.1 deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro de Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2025.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025.