CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
viernes, 16 de diciembre de 2022
AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓN INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS E SE CONVOCAN AXUDAS PARA 2023
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como convocalas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C).
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.
Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que sexan realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2023.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CORRESPONDENTE A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL DE ENTIDADES INSTRUMENTAIS DO SECTOR PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA PARA 2022
CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
jueves, 15 de diciembre de 2022
AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS OCASIONADOS POLO OSO PARDO PARA 2023
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT815A).
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos que fosen comunicados aos Servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre o 1 de outubro de 2022 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
b) Para os danos ocasionados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano realizado, de acordo co establecido no artigo 5 da orde.
Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.
miércoles, 14 de diciembre de 2022
SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGUEIRO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO Á VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Obxecto e réxime de concesión das axudas
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión inicial (código de procedemento VI483A) e a renovación (código de procedemento VI483B) das subvencións do Programa de axudas ao alugueiro de vivenda, de conformidade do Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro á mocidade e o Plan estatal para o acceso a vivenda 2022-2025 (en diante, Plan 2022-2025), para facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2023, con carácter plurianual.
3. A concesión das axudas recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Persoas beneficiarias
1. Poderán beneficiarse das axudas previstas neste programa as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.
b) Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Os contratos deberán ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria, o que se deberá acreditar mediante certificado ou volante de empadroamento, en que consten, á data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.
d) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no ordinal oitavo destas bases reguladoras.
e) Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. O límite será de 4 veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.
f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.
g) As persoas beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das integrantes da súa unidade de convivencia na vivenda obxecto do contrato de alugamento se atope nalgunha das situacións que a seguir se indican:
a) Ser persoa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non teren a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa titular ou algunha outra persoa da unidade de convivencia.
b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora.
c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera outra Administración pública.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ás cales se lles revogase algunha das axudas previstas neste ou no anterior plan de vivenda por incumprimento ou causa imputable ao solicitante.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2023 e terminará o día 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.
2. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
martes, 13 de diciembre de 2022
CONCESIÓN DE PRIMAS DE MANTEMENTO PARA 2023 DAS AXUDAS PARA O ESTABLECEMENTO DE SISTEMAS AGROFORESTAIS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Obxecto
A presente orde, en réxime de concorrencia non competitiva, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento correspondentes aos expedientes aprobados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (medida 8.2 do PDR de Galicia 2014-2020, procedemento MR674B) dos anos 2023, 2024 e 2025.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias todas as titulares dos expedientes pagados antes do 31 de decembro de 2022 ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2016 (DOG núm. 120, do 27 de xuño), e que non fosen beneficiarias da convocatoria destas primas no ano 2019 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2019), no ano 2020 (DOG núm. 241, do 19 de decembro de 2019), no ano 2021 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2021) e no ano 2022 (DOG núm. 2, do 4 de xaneiro de 2022).
2. As persoas beneficiarias deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non poderán ser beneficiarias as entidades de dereito público nin as entidades locais.
4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.