miércoles, 16 de febrero de 2011

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN

IGAPE- PROGRAMA RE-SOLVE+

Axudas para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas (Re-Solve +)
Obxecto: convocatoria de axudas para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +)
Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado. Ademais, poderán ser beneficiarios da liña de ampliación de capital os socios actuais ou futuros, sexan persoas físicas ou xurídicas, de sociedades mercantís ou cooperativas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15/09/2011

ENLACES RELACIONADOS:
Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Obxecto: convocatoria de axudas que vai conceder a Consellería do Medio Rural para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada. Considerarase programa de calidade diferenciada dos alimentos aquel que se atope nalgún dos seguintes casos:
a) Programas comunitarios de calidade de produtos galegos establecidos en virtude dos seguintes regulamentos e disposicións:
-Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) e Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) de produtos agroalimentarios.
-Especialidades tradicionais.
-Produción agrícola ecolóxica.
-Viños de calidade con denominación xeográfica de orixe protexida e indicación xeográfica protexida.
b) As bebidas espirituosas con indicación xeográfica
Beneficiarios: as agrupacións de produtores que participen nalgún programa de calidade diferenciada de alimentos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/03/2011

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo

Obxecto: convocatoria de axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia. Serán actividades subvencionables:
a) Compra de maquinaria agrícola.
b) Adquisición, construción ou mellora de equipamentos, recollidos no Plan de Innovación Tecnolóxica, incluídos os gastos xerais vinculados ao proxecto en honorarios profesionais para a elaboración de estudos, redacción de proxectos, etc.
Beneficiarios:- As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, as sociedades agrarias de transformación que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9º da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade, nomeadamente as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendente superior ao 15%, e asociacións de faba e de castaña.
- O resto de cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal para prestar servizos aos seus socios.
- As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16/03/2011

martes, 15 de febrero de 2011

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR

Subvencións para sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos
Obxecto: convocatoria de subvencións para o financiamento dos seguintes gastos xerais das entidades asociativas de traballadores autónomos:
a) Gastos de persoal.
b) Arrendamentos de locais.
c) Servizos profesionais independentes.
d) Primas de seguros.
e) Publicidade e propaganda.
f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.
h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades.
i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios ou xornadas, incluídos gastos de desprazamento e manutención.
j) Gastos ocasionados pola realización de actividades de formación, elaboración de estudos e publicacións ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención.
Beneficiarios: as entidades asociativas de traballadores autónomos de carácter intersectorial e cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da comunidade autónoma.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11/03/2011