lunes, 6 de noviembre de 2023

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR PREDOUTORAL EN FORMACIÓN PARA O EXERCICIO 2024 DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 UNIVERSIDADE DE VIGO

EXTRACTO da Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2024.

Obxecto
O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico de tres anos de duración, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, modificado pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.

Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador cuxa data de finalización dos estudos que deron lugar á obtención do/s título/s que habilitan o acceso ao programa de doutoramento, ou da superación de 60 créditos de posgrao, se é o caso, sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2021, salvo as excepcións recollidas na base 5.c) da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o día 26 de outubro ata o 23 de novembro de 2023.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN E EN SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 18 de outubro de 2023 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2023 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508D).

Obxecto
Establecer a regulación do procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia, así como realizar a súa convocatoria para o ano 2023.

Modalidades e persoas destinatarias
Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
a) Premio persoa voluntaria do ano na modalidade individual, para as persoas físicas.
b) Premio entidade de acción voluntaria do ano na modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Premio mellor proxecto de acción voluntaria que corresponderá a aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa Comunidade Autónoma.

Premios
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas, cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- SOLICITUDES DE ARRENDAMENTO DE PREDIOS RÚSTICOS INCORPORADOS AO BANCO DE TERRAS DE GALICIA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 20 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 19 de abril de 2022 pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia no estado de dispoñible en concorrencia (código de procedemento MR711B).

CONCESIÓN DAS AXUDAS DESTINADAS A INVESTIMENTOS EN MATERIA DE BIOSEGURIDADE 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), na política panca número 1, dentro dela no compoñente 3, e dentro deste no investimento 3 (acrónimo C3.I3) (Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e centros de limpeza e desinfección), en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como cos principios de eficacia e eficiencia, establecidos nos seus artigos 8 e 17, e de acordo co disposto polo Regulamento da devandita lei, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e convocalas para o ano 2023.
2. De acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, o obxectivo destas subvencións é mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social, en centros de limpeza e desinfección e en centros de produción de material vexetal de reprodución.
3. Esta orde regula os procedementos administrativos seguintes:
a) MR406B-Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade.
b) MR406C-Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución.
Persoas beneficiarias
Segundo o tipo de axuda solicitada, poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica:
1. Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade (código de procedemento MR406B):
a) Que sexan titulares ou propietarias dos centros de limpeza e desinfección para gando vivo, incluídas as especies cinexéticas, autorizados e rexistrados polo órgano competente da Comunidade Autónoma en cuxo ámbito territorial estean situados, que se comprometan a melloralos,
b) Ou que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección.
2. Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución (código de procedemento MR406C):
a) Que sexa operador profesional rexistrado como produtor, no Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais (ROPVEG) e, por tanto, estar autorizado pola autoridade competente da Comunidade Autónoma a producir material vexetal de reprodución.
b) Que sexa produtor de material vexetal de reprodución susceptible de, entre outras, as seguintes pragas de corentena que son transmitidas por insectos vectores:
1º. Xylella fastidiosa.
2º. Bursaphelenchus xilophilus.
3º. HLB ou greening dos cítricos.
4º. Flavescencia dourada.
c) Ser produtor de material vexetal de reprodución dalgún ou varios dos seguintes lugares de produción:
1º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e campos de planta nai de cítricos de categoría de base.
2º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categorías base (excepto cítricos), certificada, CAC (Conformitas Agraria Communitatis) e estándar.
3º. Viveiros de chantóns de froiteiras e vide das categorías certificadas, CAC e estándar.
4º. Campos de material de reprodución de especies aromáticas e ornamentais.
5º. Campos de plantas nai para a produción de material forestal de reprodución.
6º. Viveiros forestais.
7º. Campos de produción de sementes de especies hortícolas de categorías prebase, base e estándar.
8º. Campos de material de multiplicación de hortalizas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DO BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L).

SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 13 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal ou do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade correspondentes aos exercicios 2023 e 2024 (código de procedemento TR301V).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de especialidades ou módulos formativos do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servicio Público de Emprego Estatal financiadas pola referida consellería (código de procedemento TR301V).
Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego ou nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia.
2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de novembro de 2023, día da entrada en vigor desta orde, e o 30 de novembro de 2024 (ambos inclusive).

Persoas beneficiarias
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos esixidos con carácter xeral na orde, así como os particulares establecidos nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.
2. Terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e con situación laboral como non ocupada, na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.
Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, naqueles procedementos e supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que se deixase de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

Prazo de presentación das solicitudes
A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.