lunes, 21 de septiembre de 2026

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS DE SUBVENCIÓNS PRA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN LABORAL 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 11 de setembro de 2026 pola que se realiza unha redistribución entre créditos orzamentarios para a concesión das axudas previstas na Orde do 11 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2026 (código de procedemento TR331A).

Artigo 1
Redistribuír os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 11 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2026 minorando 242.896,69 euros na aplicación orzamentaria 14.03.322A.460.4 e incrementando correlativamente o mesmo importe na aplicación 14.03.322A.481.1.
Esta redistribución non varía o orzamento total publicado na orde de convocatoria.

Artigo 2
Esta modificación non implicará a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.