jueves, 17 de septiembre de 2026

AXUDAS VINNOVATE 2026

 Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia ao abeiro da terceira convocatoria do mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN848G).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria VInnovate Galicia. A través dela articúlase o financiamento dos axentes galegos participantes na terceira convocatoria do Mecanismo interrexional VInnovate.
Estas axudas teñen como obxectivo potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do sistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D. A participación nestes proxectos internacionais estratéxicos contribúe ao impulso e á consolidación da Marca Galicia, definida no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
Así mesmo, mediante esta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2026, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas desta resolución os organismos de investigación e empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que realicen proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 19 de outubro de 2026, debendo cumprirse o prazo mínimo dun mes.