viernes, 5 de noviembre de 2021

INFORMACION XUVENIL: SEMAN DO 30 DE OUTUBRO AO 5 DE NOVEMBRO

 



 

 

 



 

 

 





OMIX



 

 








http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico

jueves, 4 de noviembre de 2021

PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).

Obxecto e réxime de concesión das axudas
Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 20.2 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Persoas e entidades beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Prazo de presentación de solicitudes
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

miércoles, 3 de noviembre de 2021

(E-MARTES) REXISTRO ELECTRÓNICO NA XUNTA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos
As xornadas de formación práctica dixital (E-martes) correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2021 estarán dedicadas ao Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.
Os seus contidos adaptaranse aos dous grupos de persoas destinatarias desta actividade; constarán dunha introdución xurídica, común aos dous grupos e titulada De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica, e unha posterior parte práctica, nas aulas de informática da escola, cos seguintes contidos específicos:
– Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (Recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR. Copia auténtica e notificación por comparecencia.
– Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias destas actividades son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes públicos instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 16 de novembro e 14 de decembro de 2021.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.

Número de prazas
• Persoal empregado público: 16.
• Cidadanía: 13.
O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

Inscrición
1. A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nestas actividades todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes públicos instrumentais, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada en que desexen matricularse:
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: rexistro, 16 de novembro.
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: rexistro, 14 de decembro.
As persoas que resulten seleccionadas para a primeira xornada, no caso de ter solicitadas as dúas, serán excluídas da listaxe de persoas seleccionables para a xornada de decembro, salvo renuncia recibida coa antelación prevista na base décima desta resolución.
5. Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 16 de novembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 11 de novembro de 2021.
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 14 de decembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 9 de decembro de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS A MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL, PREVENCIÓN E TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 23 de decembro de 2020, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI434B).

martes, 2 de noviembre de 2021

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA A PRODUCIÓN FONOGRÁFICA 2021

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a produción fonográfica e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402F).

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de teren estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) En todos os países e territorios de América excepto Arxentina, Colombia e Perú.

c) En todos os países e territorios de Asia excepto: China, Xapón, Kuwait, Qatar, Arabia Saudí, Kirguizistán, Emiratos Árabes, Uzbekistán, Corea do Sur e Timor Leste.

d) En todos os países europeos con excepción de: Malta e Cidade do Vaticano.

e) Nos seguintes países e territorios de Oceanía: Australia, Fidxi, Polinesia Francesa, Guam, Nova Caledonia.

f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Aragón, Baleares, Castilla y León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid, Murcia, Navarra e País Vasco.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ORDE 26 OUTUBRO 2021, PRORROGA E MODIFICACIÓN ORDE DO 6 DE OUTUBRO DE 2021 MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS NO QUE SE REFIRE Á ACTIVIDADE DOS ALBERGUES TURÍSTICOS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de outubro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 6 de outubro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire á actividade dos albergues turísticos.