jueves, 1 de julio de 2021

INDEMNIZACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL EN GALICIA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR465A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena e outras pragas regulamentadas, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2021 (código de procedemento MR465A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración de presenza de praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
2. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, polo que non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumpre este trámite.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

CORRECCIÓN DE ERROS.- III PLAN DE RESCATE AUTÓNOMOS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

AXUDAS Á PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS EN GALICIA

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 27 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2021 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e a adquisición de material para a xestión e manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.
Para poder ser beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables recollidos na letras a) e c) do artigo 2.1 da Orde do 27 de maio de 2021 deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro de Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de setembro de 2021.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no seu artigo 2, que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021.

CORRECCIÓN DE ERROS.- ORDE DO 10 DE XUÑO DE 2021 PRÓRROGA DA EFICACIA E MODIFICACÓN ORDE 28 DE MAIO 2021

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 4 de xuño de 2021 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

Artigo único. Época de perigo alto de incendios

Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2021 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

III PLAN DE RESCATE DE AUTÓNOMOS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e á redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Obxecto
1. O obxecto deste programa, financiado con fondos distribuídos polo Goberno de España, é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
2. Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda dos custos fixos en que se incorreu.
3. Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva que teñan o domicilio fiscal en Galicia e cumpran os seguintes requisitos:
2. Desenvolver unha actividade económica correspondente a un CNAE do anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.
3. No caso de desenvolver una actividade económica nun CNAE non incluido no mencionado anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, deberá acreditar unha caída de volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente, dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.
Nos seguintes supostos, a caída do volume de operacións calcularase do seguinte xeito:
a) Para as persoas traballadoras autónomas de tempada, a caída do volume de operacións calcularase comparando a media mensual dos meses que estivo de alta no ano 2019 coa facturación media dos meses que estivo de alta no ano 2020.
b) Para as altas ou empresas creadas ou que teñan realizado unha modificación estrutural ao longo do ano 2019, a caída do volume de operacións calcularase comparando as operacións medias mensual dos meses con actividade do ano 2019 coas operacións medias dos meses do ano 2020.
c) Para as altas ou empresas creadas desde o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de marzo de 2020, a caída do volume de operacións calcularase comparando a media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020. A mesma regra aplicarase para as empresas que teñan realizado unha modificación estrutural ao longo do ano 2020.
4. Que cumpre todos os requisitos para ser beneficiaria establecidos no artigos 6 e 7 de esta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.
III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Obxecto
1. O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica, financiada con fondos distribuídos polo Goberno de España, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
2. Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.
3. Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas, as persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras ou empresas ata vinte e cinco persoas traballadoras que teñan un volume de facturación de ata dous millóns de euros, no exercicio 2020, e que reúnan as condicións establecidas e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de mais dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Real decreto lei 5/2021.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.

III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Obxecto
1. O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica, financiada con fondos distribuídos polo Goberno de España, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
2. Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.
3. Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e as empresas, as persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2.000.000 de euros no exercicio 2020, ou empresas con mais de vinte e cinco persoas traballadoras que reúnan as condicións establecidas e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de máis dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou máis, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Real decreto lei 5/2021.
b) Os demais requisitos establecidos nos artigos 6 e 7 desta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.

CORRECCIÓN DE ERROS.- CONVOCATORIA DE PRAZAS E BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURAS GALEGAS PARA 2021

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500E).

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500F).