CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 22 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2020/21 (código de procedemento ED322A).jueves, 6 de mayo de 2021
AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA ERASMUS+
Obxecto
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2020/21.
Requisitos
Cidadáns/ás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia legalizada no Estado español, matriculados/as no curso 2020/21 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2020/21 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
miércoles, 5 de mayo de 2021
AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA. PROGRAMA INNOVAPEME
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN848D), axustándose ás axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
2. Non poderán adquirir a condición de beneficiarios destas axudas:
a) As microempresas, pequenas e medianas empresas que xa resultasen beneficiarias do Programa InnovaPeme nas resolucións de concesión do ano 2017 (Resolución do 11 de novembro de 2017; DOG núm. 232), do ano 2019 (Resolución do 29 de xullo de 2019; DOG núm. 153) e do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020; DOG núm. 196).
b) As microempresas, pequenas e medianas empresas, que no momento da publicación desta resolución, inclúan como rúbricas exclusivas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009 algunha das seguintes:
• Sección J: información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: Telecomunicacións; 62: Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: Servizos de información.
c) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
d) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a Administración na que se integren.
e) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
f) As microempresas, pequenas e medianas empresas en crise conforme a definición contida no artigo 2. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que na data do 31 de decembro de 2019, non incorren en ningunha das circustancias enumeradas no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar a unha empresa en crise.
g) As microempresas, pequenas e medianas empresas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente, tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) As microempresas, pequenas e medianas empresas nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
SUBVENCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN PARA INDUSTRIAS CULTURAIS 2021
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro, e se convocan para o ano 2021.
Persoas beneficiarias
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (modalidades A1, A2, A3 e A4).
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (B1, B2 e B3).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
ÉPOCAS HÁBILES DE CAZA, MEDIDAS DE CONTROL POR DANOS E OS RÉXIMES ESPECIAIS POR ESPECIES DURANTE A TEMPADA 2021/22
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
