VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
martes, 4 de mayo de 2021
SUBVENCIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN E O PULO DA ESTRATEXIA DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL, 2021
Obxecto
A concesión de subvencións para a implantación e pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesán.
Persoas e entidades beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día do prazo de presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
lunes, 3 de mayo de 2021
SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 DA MEDIDA LEADER PARA 2021-22
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2021 e 2022, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural).
Beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.
Outros datos
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.
Na xestión destas axudas participan os grupos de desenvolvemento rural (GDR) que foron seleccionados como entidades colaboradoras da Administración para a xestión da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020.
As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50 % da subvención concedida.
AXUDAS AO SECTOR DO LÚPULO 2021
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Finalidade
As axudas recollidas nesta orde teñen como finalidade fomentar a produción do cultivo do lúpulo con novas plantacións, a reconversión e a mellora das plantacións existentes e a súa mecanización para asegurar o futuro do sector do lúpulo, evitar a tendencia ao abandono e adecuar a produción á demanda da industria, garantir a súa permanencia, rendibilidade e viabilidade a longo prazo.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde:
Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotacións existentes:
As persoas físicas ou xurídicas, ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas incluídos entes sen personalidade xurídica, titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia (Reaga), con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación suficiente e que presenten unha memoria valorada na que se describa a viabilidade do investimento ou da actuación. Así mesmo, en caso de novas plantacións, deberán presentar un plan de mellora no que se contemplen os requisitos establecidos no anexo IV e en caso de reconversión varietal segundo o anexo V desta orde, que deberán recoller aspectos ambientais.
Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica:
a) As sociedades cooperativas e as súas agrupacións ou unións.
b) Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).
c) Asociacións de Produción Integrada en Agricultura (Aprias).
d) Outras agrupacións agrarias sen personalidade xurídica propia baseadas nun pacto contractual, recoñecido pola autoridade competente e subscrito por un mínimo de sete persoas físicas titulares de explotacións agrarias, aínda que excepcionalmente e en casos concretos, debidamente xustificados polas características do equipo para subvencionar, poderán reducirse os compoñentes destas agrupacións.
e) Agrupacións de produtores ou agricultores individuais que teñan unha superficie cultivada de lúpulo que faga viable a adquisición.
f) As persoas físicas ou xurídicas con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación profesional suficiente e requirido pola autoridade competente e que presenten un proxecto viable desde o punto de vista técnico e económico.
Poderanse presentar solicitudes conxuntas entre varios beneficiarios para a adquisición de maquinaria agrícola e equipamentos específicos, grupos de presión e máquinas ou instrumentos de modernización e mellora dos sistemas de seca da flor de lúpulo xa existentes e a súa instalación sempre e cando non supere o máximo por persoa beneficiaria establecido no artigo 38 do Real decreto 284/2019, do 22 de abril.
En ambos casos deberán cumprir os requisitos especificados no artigo 3 da orde da convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021 DE DIVERSAS CATEGORIAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Aprobación da oferta de emprego público
Apróbase a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2021.
Cuantificación da oferta de emprego público
1. O número de prazas que integran a oferta de persoal estatutario para o ano 2021 ascende a un total de 1.203 prazas.
2. A distribución por categorías/especialidades e sistemas de acceso realizarase de conformidade co disposto no articulado e no anexo deste decreto.
SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL QUE EXECUTARÁN AS ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS DE DESENVOLVEMENTO
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes (código de procedemento administrativo PR804A):
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na lexislación vixente de cooperación para o desenvolvemento.
Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a devandita organización ou aquelas cuxos órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
