AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
jueves, 29 de abril de 2021
SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA PARA 2021
Finalidade
Establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT213A).
Persoas beneficiarias
1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases. Para a modalidade B (festivais de artes escénicas), poderán presentarse, ademais, as entidades locais galegas.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
3. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
4. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obrigación de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
miércoles, 28 de abril de 2021
SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DESENVOLVIDOS POR EMPRESAS GALEGAS DE EXHIBICIÓN CINEMATOGRÁFICA DE CARÁCTER COMERCIAL QUE CONTRIBÚAN A GARANTIR E FORTALECER A SÚA VIABILIDADE
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións de concorrencia non competitiva establecidas pola Agadic para proxectos de empresas de exhibición cinematográfica comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, favorecer a captación de público, promover a difusión do cine comunitario e doutras cinematografías con baixa cota de pantalla en España, e fortalecer a actividade empresarial, e convocalas para o ano 2021.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios de salas de exhibición cinematográfica independentes, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para a exhibición comercial de películas cinematográficas.
2. Só se poderá presentar un único proxecto por local. As empresas titulares de máis dun local poderán presentar un máximo de tres proxectos.
3. As salas deberán estar en funcionamento un mínimo de tres meses durante o período subvencionable, salvo por imposibilidade derivada da COVID-19.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
MODIFICACIÓN.- APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 15 de xaneiro de 2021, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2021, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de maio, ambos incluídos.
Segundo. Prazo de presentación da modificación da solicitude única
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 15 de xuño incluído.
XXII PREMIO ELÍAS VALIÑO PARA DISTINGUIR O LABOR REVITALIZADOR DOS VALORES PROPIOS DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Finalidade
Esta orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa traxectoria vital, teña contribuído ao fomento dos valores culturais dos Camiños de Santiago. Esta mención só poderá outorgarse de xeito individual.
Persoas beneficiarias
Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia.
Estas entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo na consecución dos obxectivos establecidos na convocatoria.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas cales se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as que fosen premiadas nas cinco convocatorias anteriores co Premio Elías Valiña.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.