viernes, 18 de agosto de 2017
jueves, 17 de agosto de 2017
AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
Obxecto
Reducir os ataques das especies de fauna silvestre (lobo e xabaril) ás explotacións agrícolas e/ou gandeiras, mediante a aplicación de medidas de protección.
Persoas beneficiarias
Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación.
Toda persoa titular dunha explotación agraria destinada ao autoconsumo.
Toda persoa que exerza a actividade gandeira e estea inscrita no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia das especies de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal e mular.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir da data de entrada en vigor da orde.
AXUDAS PARA A PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DE COMPAÑIA ABANDONADOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e ao coidado dos animais de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados, á realización de campañas de concienciación para a tenza reponsable e para a adopción de animais abandonados e á adquisición de material non funxible para a xestión e o manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2017.
Beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as corporacións locais que posúan a competencia da recollida e tenza dos animais de compañía abandonados no ámbito territorial correspondente e as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia da Dirección Xeral de Patrimonio Natural con anterioridade á data de publicación desta orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no seu artigo 2 que fosen efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 10 de novembro de 2017.
lunes, 14 de agosto de 2017
MODIFICACIÓN.- AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR PROCEDEMENTOS DE REGULACIÓN DE EMPREGO DE SUSPENSIÓN DE CONTRATOS DE TRABALLO POR CAUSA DE FORZA MAIOR
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
AMPLIACIÓN DA DOTACIÓN ECONÓMICA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS, CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS OU UNIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE GALICIA, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS.
viernes, 11 de agosto de 2017
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión do sector comercial retallista.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
– Que estean dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal da solicitante, de forma ininterrompida, nos últimos dous anos.
– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro do mes.
PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2017 coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral.
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberán facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
3. O prazo para presentar as solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.