Instituto Galego da Vivenda e Solo
viernes, 20 de febrero de 2026
AXUDAS PARA A REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E/OU A ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS PROMOVIDOS POLO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o exercicio 2026, con financiamento plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas sometidas ao réxime de protección e promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), que teñan máis de dez anos de antigüidade, así como aqueles en que o dito réxime se extinguise nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes previsto na correspondente convocatoria de axudas.
2. O obxecto destas axudas é a realización das seguintes actuacións:
a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que lle proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a posibles accidentes ou sinistros.
b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que lle proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico ou mellora das instalacións de calefacción.
c) Adecuación funcional: obras que lle proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.
d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ter a condición de entidades beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as ou agrupacións de comunidades dos edificios de vivendas que estean recollidos no ámbito de aplicación, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria correspondente e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que sexan seleccionadas conforme a prelación realizada en aplicación do baremo de criterios de valoración previstos nesta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.
b) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser este o caso, a entidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
c) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei de subvencións de Galicia (LSG).
2. As persoas integrantes da entidade beneficiaria que participen no custo das obras subvencionables terán a consideración de perceptoras desta axuda na mesma proporción que a cota de participación establecida para o custo das obras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL
Consellería do Medio Rural
Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) indicadas no artigo 2, do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA), anualidade 2026:
Axuda básica á renda para a sustentabilidade.
Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade.
Axuda complementaria á renda para persoas agricultoras mozas.
Réximes en favor do clima, o ambiente e o benestar animal (ecorréximes) de acordo coas seguintes prácticas:
– Pastoreo extensivo.
– Illas de biodiversidade en superficies de pastos ou sega sustentable.
– Rotación de cultivos con especies mellorantes.
– Sementeira directa.
– Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
– Cuberta inerte.
– Establecemento de illas de biodiversidade.
Axudas asociadas:
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de vacún de carne en extensivo.
– Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento.
– Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros.
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún de carne en extensivo e semiextensivo.
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún en extensivo sen pastos, que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.
– Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.
– Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor ambiental.
– Os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PEPAC 2023-2027 (solicitudes de pagamento da anualidade 2026 da Intervención 6502.2–Compromisos de mantemento de forestación e sistemas agroforestais-subintervención 65022.01–Mantemento de forestacións ou repoboacións forestais).
– Os compromisos de servizos ecosistémicos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PEPAC 2023-2027 (solicitudes de pagamento da anualidade 2026 da Intervención 6502.1–Compromisos forestais de xestión-subintervencións 65021.05 e 65021.06–Certificación de servizos ecosistémicos.
– As axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas incluídas no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), subintervención 66130.04–IU prima ZLN.
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC):
6501-Compromisos medioambientais, climáticos e outros relacionados coa xestión.
65014-Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade.
65051-Compromisos de conservación de recursos xenéticos.
65013-Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sustentable de pastos.
6503-Compromisos de xestión agroambientais en agricultura ecolóxica.
Persoas beneficiarias
– Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Intervención 6613), das axudas da Subintervención 6613.1-IU prima ZLN, recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.
– O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.
– Os pagamentos das axudas forestais do Plan estratéxico da Política Agrícola Común de España para o período 2023-2027 indicadas no capítulo IV do título III desta orde só se concederán:
• No caso da Subintervención 6502.2 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027: Compromisos de mantemento de forestacións, ás persoas que teñan concedido o compromiso de mantemento de forestacións ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025 os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027.
• No caso das Subintervencións 65021.05 e 65021.06 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027: Compromisos de mantemento da Certificación de servizos ecosistémicos, ás persoas que teñan concedida o compromiso de mantemento de certificación de servizos ecosistémicos ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025.
Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2026, iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de abril de 2026, ambos incluídos.
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 31 de maio de 2026, incluído.
jueves, 19 de febrero de 2026
AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS
Axencia Galega da Industria Forestal
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 en réxime de concorrencia competitiva.
2. Poderán ser subvencionables exclusivamente os seguintes investimentos elixibles:
Liña 1. Xestión forestal activa.
a) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta destinados á realización de cortas intermedias (desmestas e rareos), así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante. Entendendo por este tipo de maquinaria aquela que reúna as seguintes condicións:
i) Largura máxima de 2,75 metros e alcance mínimo do guindastre de 8 metros.
ii) Para maquinaria de rodas de:
Peso máximo de 18,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm. para máquinas de ata 6 rodas.
Peso máximo de 20,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm. para máquinas de ata 8 rodas.
iii) Para maquinaria de cadeas: peso máximo de 21 toneladas, raio de xiro mínimo ou raio de xiro cero, e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm.
iv) No caso de cabezais procesadores ou cortadores, estes deberán ser instalados en equipos propiedade da solicitante, e deberá acreditar que a máquina base onde se van instalar, cumpre as características definidas nesta liña de investimentos. Ao igual, que no punto anterior, os cabezais deberán ter un diámetro máximo de corte de 600 mm.
b) Autocargadores e tractocargadores completos, estes últimos ata 200 Kw de potencia, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante. Os autocargadores e tractocargadores, para a realización de carga e de transporte dos produtos obtidos nestas operacións, deberán dispor dunha capacidade máxima de carga de 12 toneladas e unha largura máxima de equipamento de 2,7 metros.
No caso de tractocargadores, deberán ter as cabinas homologadas para a aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2 segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro da persoa operaria sentada, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción.
No caso de equipos automotrices que dispoñan dun motor térmico de combustión, tales como procesadoras, cortadoras, autocargadores, tractocargadores, arrastradores, etc. deberán dispor dun sistema automático de detección e extinción de lumes no equipo. O sistema de extinción deberá empregar un elemento de extinción efectivo en lumes de líquidos inflamables, como gasóleo ou aceites hidráulicos, e deberá non ser corrosivo, ser biodegradable, e permitir unha limpeza fácil da máquina tras a súa activación.
Liña 2. Madeira e biomasa.
a) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
b) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, estes últimos ata 200 Kw de potencia, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante. Os tractocargadores deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2 segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro da persoa operaria sentada, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións e estas normas exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida ou aproveitamento comercial de biomasa.
c) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante.
d) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, esteladoras con capacidade de recollida, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa. Non terán consideración de maquinaria específica nin procesadora de biomasa os tractores con rozadoras ou con trituradoras forestais.
No caso de equipos automotrices que dispoñan dun motor térmico de combustión, tales como procesadoras, cortadoras, autocargadores, tractocargadores, arrastradores, astilladores automotrices, etc. deberán dispor dun sistema automático de detección e extinción de lumes no equipo. O sistema de extinción deberá empregar un elemento de extinción efectivo en lumes de líquidos inflamables, como gasóleo ou aceites hidráulicos, e deberá non ser corrosivo, ser biodegradable, e permitir unha limpeza fácil da máquina tras a súa activación.
Liña 3. Castaña e resina.
a) Maquinaria específica, equipamentos, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte.
b) Acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/ou clasificación.
c) Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, clasificación, acondicionamento e comercialización de castaña ou resina.
Liña 4. Valor engadido na primeira transformación da madeira.
a) Equipos portátiles para a clasificación estrutural da madeira por métodos non destrutivos, sempre que dispoñan de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación do marcado CE para madeira estrutural.
b) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática da madeira estrutural mediante aspectos visuais ou indirectos. No caso de métodos indirectos deberá dispoñerse de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación do marcado CE para madeira estrutural.
c) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática por calidade tanto da materia prima (troncos) como de produtos serrados intermedios ou finais, mediante a aplicación de escáneres de imaxe, dimensionais, raios X, e outros tipos. O emprego desta instalación deberá xustificar a obtención dunha clasificación da madeira con un maior valor engadido.
d) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á obtención de produtos de maior valor engadido baseados na madeira serrada, e que permitan abrir novas liñas de negocio á empresa.
e) Acondicionamento, maquinaria e instalacións de primeira transformación para o procesamento da biomasa forestal e a transformación da madeira.
Liña 5. Medición, rastrexabilidade e caracterización da madeira obxecto de aproveitamento.
a) Equipos de medición de inventario forestal de carácter dixital ou analóxico, sensores lidar terrestre e vehículos aéreos non tripulados e os seus accesorios, como cámaras ou lidar, entre outros.
b) Básculas sensorizadas para parques ou cargadoiros intermedios de madeira.
c) Equipos portátiles de ultrasóns (MST, MTG, PLG…etc.), resistógrafos, penetrómetros, lupas binoculares , higrómetros, estufas ou balanzas de laboratorio de precisión.
Serán elixibles os custos ligados ao funcionamento dos aparellos e equipos descritos, tanto os custos de subscrición a software (admitirase só o gasto do período de subscrición durante o período de execución da axudas) como das licenzas de software para o uso da solución obxecto das actuacións realizadas, excluíndo o software de propósito xeral, por exemplo, sistemas operativos, aplicacións de xestión/monitoraxe de redes/sistemas, paquetes de ofimática, correo electrónico, edición e tratamento de imaxes.
4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga, subvencionándose, neste caso, unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.
5. De acordo co recollido no artigo 2, só serán subvencionables os investimentos que se realicen dentro do ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (anexo XIV), por iso no anexo IV deberá recollerse a localización (parroquia e concello) de cada un dos investimentos que se soliciten, tendo en consideración o seguinte:
a) No caso de maquinaria fixa, instalacións e obra civil: localización na que vaian ser executados os investimentos.
b) Maquinaria móbil, equipamentos de medición ou equipos portátiles: localización do domicilio social da empresa ou das instalacións da empresa onde se gardarán os bens.
No caso de que a solicitante tivese a súa sede social fóra do ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (anexo XIV) mais o investimento obxecto de solicitude fose un equipamento, maquinaria ou apeiro de carácter non fixo, de xeito tal que o uso do dito investimento se vaia producir exclusivamente no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, a solicitude entenderase elixible.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 e descritos no anexo XIV, a excepción daquelas solicitantes que, aínda tendo o seu domicilio en áreas definidas como ZDP, soliciten investimentos non fixos para a realización de traballos no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027.
Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE L 327/1, 21.12.2022).
2. Para acadar a condición de beneficiarias, as persoas solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.
3. Non poderán acadar a condición de persoas beneficiarias:
a) Aquelas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas solicitantes que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria. A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere procedentes para a súa verificación e requiriralle á solicitante, se for necesario, os documentos oportunos para a verificación do requisito.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán achegar na súa solicitude a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Contía
Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 40 % dos gastos elixibles.
A axuda máxima limitarase por solicitante aos 200.000 euros para as liñas 1 e 4 sinaladas no artigo 3, 50.000 euros para a liña 5 e 160.000 euros para as liñas 2 e 3.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
CONVOCATORIA 6 EDICIÓNS DO CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
Academia Galega de Seguridade Pública
Actividades formativas
As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.
Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (rúa Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.
De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.
Contido das actividades formativas
O contido das diferentes actividades formativas convocadas por esta resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación de colectivos».
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos de participación dos/das solicitantes
1. Requisitos xerais:
a) Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
b) Non atoparse inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
2. Proba específica:
Superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados e que se regula na base novena desta convocatoria.
3. Requisitos físicos/psíquicos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con esta.
Solicitudes
a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.
b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.
e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.
f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición será ata o 2 de marzo de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúna os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.
SUBVENCIÓNS DOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR 2026
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, ás entidades galegas no exterior, para a realización dos seguintes programas (código de procedemento PR924C):
– Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2026.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, sempre que conste no dito rexistro a realización de accións que potencien os vínculos con Galicia durante a última anualidade. No caso de federacións de comunidades e/ou entidades, deben contar con local social diferenciado do das entidades asociadas.
2. Para os efectos do previsto no artigo 10.2.f) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dada a natureza das subvencións reguladas na presente convocatoria e que as beneficiarias son entidades galegas sen fin de lucro, quedan exceptuadas da prohibición de recibir as ditas axudas as entidades que teñan a residencia fiscal nos territorios identificados regulamentariamente como paraísos fiscais, sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos para acceder á condición de beneficiarias da subvención de que se trate.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
miércoles, 18 de febrero de 2026
CURSOS TITORIZADOS EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA EN COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX) NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Obxecto
Convocar os dous (2) plans de actividades formativas que se relacionan no anexo I desta convocatoria cos 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación, que terán lugar na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua.
As actividades formativas dos plans presentados nesta edición forman parte do itinerario ComDix-Iniciación e teñen validez para a obtención da certificación ComDix-Iniciación, unha vez completado o itinerario de 250 horas que conforma a dita certificación.
Destinatarios e requisitos técnicos
1. Poderán participar nestas actividades formativas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
2. Para o correcto seguimento destas actividades, as persoas solicitantes deberán dispor e ter acceso a:
a) Un ordenador con conexión á internet de banda larga.
b) Un navegador actualizado (recoméndase Google Chrome).
c) Acceso a unha conta de correo electrónico activa.
3. Con carácter previo á inscrición será necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que será imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Solicitudes de participación e prazos de inscrición
1. As persoas solicitantes deberán inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal
2. As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán escoller un dos dous plans formativos A ou B, descritos no anexo I, sen opción de cambio.
3. A inscrición no Plan formativo A é incompatible coa inscrición en calquera dos cursos individuais incluídos no Plan formativo B.
As persoas que figuren inscritas nos dous plans ao remate do prazo de inscrición serán excluídas automaticamente de ambos os dous plans.
4. O prazo para a inscrición no Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
PROGRAMA APROL-ECONOMÍA SOCIAL
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto e finalidade
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:
Programa I: dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, persoas traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.
Programa II: dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.
Entidades beneficiarias
As cooperativas e sociedades laborais, para o programa I, e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do oitavo día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e finalizará o 16 de setembro de 2026, ás 20.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Outros datos
Os incentivos a que se refire esta convocatoria están sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos da Comisión (UE) 2023/2831, 1408/2013 ou 717/2014, segundo proceda.
PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE) 2026
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
As entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitude para a liña I, para a subliña 1 e a subliña 2 da liña II e para a liña III.
No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.
Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2026 DE PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS REGULADAS NA LEI 2/2006 DE EDUCACIÓN DE GALICIA
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
lunes, 16 de febrero de 2026
CURSOS DE RECICLAXE DE SOCORRISMO ACUÁTICO
Academia Galega de Seguridade Pública
Obxectivos e contido das actividades formativas
Obxectivos:Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Contido:
Reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas
– Módulo MF0269_2: natación (4 horas).
– Módulo MF0270_2: prevención de accidentes en instalacións acuáticas (4 horas).
– Módulo MF0271_2: rescate de accidentados/as no medio acuático (4 horas).
– Módulo MF0272_2: primeiros auxilios (4 horas).
Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais
_ Módulo MF0269_2: natación (4 horas).
– Módulo MF1082_2: prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas).
– Módulo MF1083_2: rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas).
– Módulo MF0272_2: primeiros auxilios (4 horas).
Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2026. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existiren prazas vacantes.
Requisitos de participación dos/das solicitantes
1. Requisitos xerais: os/as solicitantes deben ter a condición descrita na base terceira para estes colectivos.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con esta.
Exclusións
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo.
Solicitudes
a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal) e non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados áspersoas interesadas.
b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que cómpre facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.
e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.
f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición será ata o 27 de febreiro de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.
viernes, 13 de febrero de 2026
AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS NON REGRADAS E ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN QUE IMPULSEN O COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA
Axencia Galega da Industria Forestal
Obxecto
1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos realizados polas entidades beneficiarias descritas no artigo 2 desta resolución que integren actividades de carácter formativo non regrado, así como actividades de carácter divulgativo que promovan a industria forestal-madeira de Galicia como unha industria estratéxica e de futuro.
2. As persoas solicitantes poderán presentar, como máximo, un proxecto ao abeiro desta resolución. Os proxectos poderán incluír actividades independentes, tanto para a organización de accións formativas non regradas como accións de divulgación.
No caso de que se presentasen dous ou máis proxectos, tería prioridade o último presentado dentro do prazo.
3. Para os efectos desta resolución, serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Organización de actividades formativas non regradas de carácter específico, tales como másters ou cursos relacionados coa industria forestal-madeira. En concreto, subvencionaranse exclusivamente as actividades que aborden as seguintes temáticas:
1º. Habilidades e coñecementos na execución de aproveitamentos madeireiros, na execución de aproveitamentos non madeireiros tales como a resina e castaña, en tratamentos silvícolas e na utilización de maquinaria forestal.
2º. Habilidades no manexo de maquinaria de primeira transformación, así como coñecemento dos procesos industriais de serra, secado, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira que contribúan á súa valorización comercial.
3º. Habilidades no manexo de maquinaria de segunda transformación, control numérico CNC, procesos de acabamento, así como no desenvolvemento de proxectos de instalación e amoblamento.
4º. Incorporación do ecodeseño como ferramenta de diferenciación nos produtos de madeira ao longo de toda a cadea de valor e, en particular, na carpintería e no moble.
5º. Coñecemento sobre materiais derivados da madeira, as súas últimas innovacións e aplicacións, a circularidade dos produtos madeireiros e forestais non madeireiros, así como un uso en serie.
6º. Competencias profesionais en materia de construción en madeira, incluíndo o uso de bases de datos de construción sustentable.
7º. Competencias profesionais para a elaboración de declaracións ambientais de produto (DAP) ou análises de ciclo de vida (ACV).
8º. Competencias profesionais para a caracterización e clasificación de madeiras locais.
b) Organización de actividades formativas non regradas de carácter transversal, tales como másters ou cursos relacionados coa industria forestal-madeira. Subvencionaranse exclusivamente as actividades que aborden as seguintes temáticas:
1º. Seguridade e saúde laboral nos procesos da cadea de valor da industria forestal-madeira que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a aprendizaxe permanente (lifelong learning) neste ámbito. Queda excluída a formación centrada especificamente nos postos de traballo ou funcións de cada traballador, así como a adaptación desta á aparición de novos riscos.
2º. Competencias para o manexo de software e TIC no ámbito da industria forestal-madeira.
3º. Habilidades directivas e formación en métodos de xestión, dirección, comercialización e márketing, incluíndo formación en clave de xénero, así como de detección e aplicación de protocolos en materia de acoso no contorno laboral.
4º. Implantación de procesos de certificación forestal (FSC e PEFC), dilixencia debida, así como métodos para monitorizar a orixe e o destino da madeira (entre outros, mediante tecnoloxía blockchain).
c) Organización de actividades de divulgación: xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas instrutivas en colexios, universidades ou outros centros ou, en xeral, calquera formato de divulgación sobre a industria forestal-madeira. A protagonista indubidable das actividades de divulgación será a industria forestal-madeira e a súa cadea de valor, quedando excluídos outros usos ou labores vencellados ao monte.
Subvencionaranse exclusivamente as actividades que aborden as seguintes temáticas:
1º. Difusión das vantaxes ambientais do uso da madeira e da súa contribución á sustentabilidade e á economía circular, así como das ferramentas que facilitan a súa cuantificación e comunicación: análise de ciclo de vida, ecodeseño, etiquetaxes ambientais, etc.
2º. Novos usos da madeira na construción.
3º. Materiais derivados da madeira, as súas últimas innovacións e aplicacións.
4º. Necesidade de certificación (PEFC e FSC) da xestión forestal, implantación da cadea de custodia e dilixencia debida, así como métodos para monitorizar a orixe e o destino da madeira.
5º. Nova demanda de produtos madeireiros ou baseados na madeira.
6º. O papel da muller na industria forestal-madeira: perfís profesionais, impacto e impulso de novas vocacións.
7º. Calquera das temáticas recollidas nos puntos 3.a) e 3.b) do presente artigo.
4. As actividades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Realizaranse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Deben executarse dentro do prazo de xustificación recollido na convocatoria.
c) As actividades de carácter formativo non regradas deben estar orientadas a profesionais da industria forestal-madeira (incluídas persoas prescritoras e instaladoras en madeira), así como a estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos. O alumnado mínimo establecido no punto 4.g) deste artigo debe ter ese perfil, sen prexuízo de que a maiores asistan persoas que non sexan profesionais en activo. En ningún caso se poderá restrinxir a inscrición nas actividades solicitadas a persoal, alumnado ou persoas asociadas da entidade beneficiaria.
d) As actividades terán unha duración mínima de 8 horas lectivas.
e) As actividades formativas poderán realizarse exclusivamente en formato presencial, en liña ou mixto. As actividades en liña ou mixtas terán que impartir un mínimo do 50 % das horas lectivas en formato presencial.
f) Só no caso de actividades de divulgación, en que o público obxectivo non se convoque nun momento determinado, como pode ser o caso das campañas de divulgación, os folletos, contos..., permitirase a modalidade sen participación directa.
g) A asistencia mínima requirida ás actividades formativas será:
– No caso de actividades formativas non regradas, serán subvencionables os gastos correspondentes ás actividades en que se acredite a asistencia mínima de 10 persoas, sempre e cando esas 10 persoas acrediten unha asistencia polo menos ao 80 % da duración da actividade.
– No caso de actividades divulgativas, excepto aquelas que teñan un carácter exclusivamente de difusión por medios audiovisuais, serán subvencionables os gastos correspondentes coa condición de que se acredite a asistencia mínima de 20 persoas.
O control da asistencia realizarase da seguinte forma:
i.i) Actividades formativas non regradas organizadas en formato presencial: a entidade solicitante deberá levar un control diario da asistencia, que será asinado polo alumnado á hora de entrada e saída, así como pola persoa representante da entidade conforme o anexo VI, sen prexuízo do disposto no artigo 21.1.f) para o caso de actividades xa realizadas na data de presentación da solicitude.
i.ii) Actividades formativas non regradas organizadas en formato en liña ou mixto, que utilicen outras plataformas de videoconferencia: o alumnado non terá que asinar o control de asistencia, aínda que o devandito documento será redactado e asinado igualmente pola persoa representante da entidade solicitante, conforme o anexo VI. Ademais, será obrigatorio presentar capturas de pantalla en que se identifiquen claramente as persoas participantes.
ii) Para as actividades divulgativas, tales como xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas a colexios, universidades ou outros centros ou, en xeral, calquera acción de divulgación sobre a industria forestal-madeira, será suficiente unha certificación da persoa representante da entidade solicitante, acompañada, de ser o caso, dos datos de inscrición na actividade, conforme o anexo VI.
iii) En todos os casos, o anexo VI entregarase en formato pdf e en formato folla de cálculo e achegarase cos informes fotográficos acreditativos do cumprimento das medidas de publicidade e difusión establecidos no artigo 21.1.g)
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias sempre que, con anterioridade á publicación desta resolución, cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela:
a) Asociacións, organizacións, fundacións de interese galego e entidades sen ánimo de lucro que teñan base asociativa e sexan representativas da cadea de valor da industria forestal-madeira.
b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI) sen ánimo de lucro, representativas da cadea de valor da industria forestal-madeira.
c) Colexios profesionais vinculados ás titulacións de Enxeñaría de Montes e/ou Enxeñería Técnica Forestal, e outros colexios profesionais cando as actividades subvencionables se correspondan coa promoción e o desenvolvemento de competencias en materia de construción en madeira e teñan cabida nas competencias profesionais dos colexiados do devandito colexio.
d) Centros universitarios, cando as actividades subvencionables se correspondan coa promoción e o desenvolvemento de competencias profesionais en materia de construción en madeira.
2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e rexistradas nos rexistros competentes e estar ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos devanditos rexistros, de ser o caso.
b) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma, así como estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Realizar as actividades obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
d) Ter domicilio social e actividade en Galicia, con data anterior á publicación da presente resolución.
e) Acreditar o cumprimento dos prazos de pagamento que se establecen na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para axudas de importe superior a 30.000 euros e cando as entidades solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
AXUDAS Á VALORIZACIÓN, SEGUNDA TRANSFORMACIÓN E ECOINNOVACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS E Á DIXITALIZACIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE E SAÚDE NO CONTORNO LABORAL DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT.
Axencia Galega da Industria Forestal
Obxecto
1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas persoas beneficiarias descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción vinculados á transformación da madeira e os seus derivados, resina, cortiza, así como doutros produtos de orixe forestal, exceptuando os alimentarios, e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade, a diversificación ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou solucións, produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental. Serán igualmente subvencionables os proxectos de investimento realizados polas persoas beneficiarias descritas no artigo 2 desta resolución que teñan como obxectivo a dixitalización e a mellora da seguridade e saúde no contorno laboral das empresas da industria forestal e do contract ou o desenvolvemento de solucións ecoinnovativas baseadas na madeira e os seus derivados.
2. As persoas solicitantes poderán presentar como máximo unha solicitude para a execución dun único proxecto ao abeiro desta resolución. No caso de presentar dúas ou máis solicitudes, será tomada en consideración unicamente a última presentada en prazo. Os proxectos poderán incluír actuacións independentes e encadrarse nunha ou varias das liñas estratéxicas establecidas no artigo 4.
3. As persoas solicitantes deberán acreditar a viabilidade económica do proxecto mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta polo importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE da persoa solicitante do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria ‒modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda‒).
4. Considéranse subvencionables as seguintes actuacións desagregadas por liñas estratéxicas:
Liña 1. Competitividade e valorización.
Investimentos dirixidos á mellora da competitividade das industrias forestais e á valoración dos seus produtos.
Terán a consideración de conceptos de gasto subvencionables os seguintes:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de transformación de produtos de orixe forestal non alimentarios, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos e acabamentos da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
Liña 2. Carpintaría, mobiliario, contract e construción.
Investimentos vinculados á fabricación de produtos de carpintaría e mobiliario de madeira e de produtos e sistemas de madeira para a construción.
Terán a consideración de conceptos de gasto subvencionables os seguintes:
a) Compra de maquinaria nova vinculada ao deseño e fabricación de produtos de carpintaría e mobiliario e ao deseño e fabricación de elementos e sistemas de madeira para a construción, exclusivamente destinada ao seu uso en procesos de transformación da madeira e os seus derivados.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
Liña 3. Dixitalización.
Investimentos para a dixitalización da industria forestal vinculados aos procesos que utilicen madeira ou os seus derivados, resina, cortiza e outros produtos de orixe forestal non alimentarios e que comprendan, polo menos, algunha das seguintes actuacións:
a) Implantación de sistemas de dixitalización, xa sexa dalgún proceso concreto (por exemplo, interacción coa Administración pública ou proceso de fabricación) ou de xestión integral (ERP, CRM e similares), especificamente deseñados, desenvolvidos ou adaptados a un proceso concreto vinculado á utilización ou transformación da madeira e os seus derivados.
b) Posta en marcha de sistemas para a xestión do ciclo de vida de produtos feitos en madeira. Solucións tales como PDM, PLM ou DMF que recollan a información do produto desde a concepción deste ata a súa eliminación ou posta á venda, incluíndo o deseño e fabricación.
c) Implantación de sistemas para o control e/ou mellora dos procesos produtivos, por exemplo sistemas de captura de datos, automatización, supervisión remota, sensórica e/ou mantemento preventivo.
d) Dixitalización de procesos que poidan levar asociada a impresión 3D ou fabricación aditiva de produtos feitos con madeira no proceso produtivo da empresa.
e) Despregamento de sistemas de planificación, control dos recursos empresariais e/ou loxística, tanto interna como externa.
f) Automatización e/ou sensorización de produtos ou servizos para o seu control e rastrexabilidade.
g) Implementar sistemas de interconexión de elementos físicos e virtuais, procesamento de datos capturados (big data) e ciberseguridade.
h) Desenvolver e pór en marcha sistemas de analítica avanzada, intelixencia artificial, aprendizaxe automática e/ou toma de decisións autónoma (intelixencia empresarial) en relación coa industria das empresas beneficiarias.
i) Desenvolver ou adoptar unha interface dixital para as interaccións comerciais cos clientes ou provedores da industria forestal-madeira.
j) Implantar e/ou desenvolver sistemas de integración da cadea de valor, tanto a nivel organizativo en sentido horizontal como a nivel de colaboración en sentido vertical.
Terán a consideración de conceptos de gasto subvencionables os seguintes:
a) Custos de colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto (diagnóstico, planificación ou definición e desenvolvemento dos servizos previstos). As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normal da empresa, como son servizos rutineiros de asesoría fiscal, servizos xurídicos ou de publicidade.
b) Custos asociados ás actuacións de formación necesarias para a posta en marcha das ferramentas adquiridas. Será subvencionable como máximo ata o 10 % do orzamento total do proxecto.
c) Custos de adquisición de dispositivos tales como sensores, automatismos e equipos de comunicación necesarios para o obxecto do proxecto. Soamente serán subvencionables os computadores persoais e servidores, impresoras, terminais, displays, tabletas, consolas e similares, que sexan de uso indispensable como interface para captura de datos ou configuración de dispositivos. Será subvencionable como máximo ata o 50 % do orzamento total do proxecto.
d) Gastos derivados do desenvolvemento, implantación e posta en funcionamento do software relacionado co proxecto. Considéranse nesta epígrafe:
• Custos de subscrición a software: admitirase como gasto subvencionable o período de subscrición durante o período de execución do proxecto. No caso de que o sistema de adquisición supere o prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable pro rata.
Exclúese o software de propósito xeral como, por exemplo, sistemas operativos, aplicacións de xestión/monitoraxe de redes/sistemas, paquetes de ofimática, correo electrónico, edición e tratamento de imaxes, salvo nos casos en que este tipo de software forme parte inseparable doutros activos que sexan obxecto de subvención dentro do proxecto.
• Licenzas de software: admitirase como gasto subvencionable unicamente o realizado durante o período de execución de proxecto. No caso de gastos en concepto de mantemento, actualización ou outros que superen o prazo de execución da axuda, descontaranse do gasto subvencionable.
Exclúese o software de propósito xeral como, por exemplo, sistemas operativos, aplicacións de xestión/monitoraxe de redes/sistemas, paquetes de ofimática, correo electrónico, edición e tratamento de imaxes, salvo nos casos en que este tipo de software forme parte inseparable doutros activos que sexan obxecto de subvención dentro do proxecto.
• Desenvolvemento de software específico mediante colaboracións externas de carácter tecnolóxico para a adaptación ou parametrización de solucións directamente relacionadas coa execución do proxecto.
Liña 4. Certificacións, ensaios e informes.
Investimentos necesarios para a obtención de certificados ambientais, de calidade ou de sustentabilidade ambiental, social e económica, así como marcas de conformidade de produto ou ensaios de caracterización destes.
Terán a consideración de conceptos de gasto subvencionables os seguintes:
a) Implantación e certificación da cadea de custodia de produtos forestais, de normativas de calidade e de xestión ambiental.
b) Procesos de certificación da integración da variable ambiental no deseño conforme a norma ISO 14006, Xestión ambiental-Directrices para a incorporación do ecodeseño, ou a norma UNE-EN ISO 14020, Etiquetas ecolóxicas e declaracións ambientais.
c) Informes, servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de certificados ou selos de calidade e ambientais, marcas de garantía rexistradas, marcas colectivas rexistradas ou implantación da marcación CE de produtos de orixe forestal e condicionados á súa obtención dentro do prazo de xustificación da axuda.
d) Ensaios de caracterización de produto realizados conforme a normativa oficial por un laboratorio acreditado para a realización do ensaio.
Liña 5. Seguridade e saúde no contorno laboral.
Investimentos dirixidos á mellora da seguridade e saúde da industria forestal, así como á mellora e adecuación das condicións de seguridade contra incendios dos activos.
Terán a consideración de conceptos de gasto subvencionables os seguintes:
a) Servizos para a implantación e certificación do estándar ISO 45001 (Xestión da seguridade e saúde no traballo-SST).
b) Informes de estado de cada establecemento, no relativo a PCI, tanto desde un enfoque normativo como desde unha óptica de adecuación ao nivel de risco real, realizados por entidades (enxeñarías, consultorías) especializadas na materia.
c) Medidas orientadas á minimización do risco de orixe e propagación de incendios. Estas poden ser tanto executivas (sectorización, protección pasiva, etc.) como operativas (protocolos de actuación, traballos en quente, etc.).
Liña 6. Ecoinnovación.
a) Investimentos vinculados ao ecodeseño de produtos ou materias que utilicen a madeira como materia prima, para conseguir desenvolvementos técnicos ou prototipos que melloren a pegada ambiental ao longo do ciclo de vida, respecto a outras alternativas ou modelos anteriores mediante:
i. O deseño máis eficiente do produto reducindo o uso de materiais.
ii. A incorporación de materiais con menor impacto ambiental.
iii. O aumento da vida útil do produto desde o punto de vista técnico.
iv. A aplicación de novos tratamentos industriais da madeira libres de substancias contaminantes (como, por exemplo, a utilización de vernices con baixo contido de COV ou a utilización de colas alternativas a PVAc).
v. A optimización do deseño para facilitar o desmonte ao final da vida útil do produto, facilitando a identificación e separación dos distintos materiais que o compoñen.
b) Investimentos para a implantación de solucións de economía circular, encamiñadas a previr o malgasto e recuperar o máximo valor dos materiais nos procesos propios das persoas beneficiarias mediante:
i. Creación de novos modelos de negocio orientados á servicización dos produtos feitos en madeira ou produtos derivados.
ii. Optimización do consumo de recursos, a través da aplicación de mellores técnicas de produción ou a redución das etapas do proceso de fabricación dos produtos feitos en madeira.
iii. Desenvolvemento e implementación de procesos de posvenda, orientados a ofrecer servizos de mantemento, reparación e recambios por un período de tempo prolongado.
iv. Incorporación de procesos de recuperación e revalorización de produtos e subprodutos de madeira (produción de biomasa, compostaxe, novos produtos, etc.).
v. Mellora da eficiencia nos procesos de distribución, a través da redución do volume e peso das embalaxes, uso de transportes máis eficientes ou o uso de envases e embalaxes reutilizables. Quedan excluídas as actuacións referidas á eficiencia enerxética.
c) Investimentos para a introdución de ferramentas para a análise dos aspectos ambientais que lle permitan á empresa identificar e, nalgúns casos, cuantificar os impactos ambientais asociados ás distintas fases do ciclo de vida en procesos produtivos vinculados coa madeira. As ferramentas previstas poderán incluír as seguintes:
i. Lista de comprobación (checklist).
ii. Valoración estratéxica ambiental (VEA).
iii. Input material por unidade de servizo (MIPS).
iv. Matriz de materiais, enerxía e emisións tóxicas (MET).
v. Ecoindicadores.
vi. Análise do ciclo de vida (ACV).
Terán a consideración de conceptos de gasto subvencionables os seguintes:
a) Custos de colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, consultoría, ensaios e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto (diagnóstico, planificación ou definición e desenvolvemento dos servizos previstos). As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normal da empresa, como son servizos rutineiros de asesoría fiscal, servizos xurídicos ou de publicidade.
b) Custos asociados ás actuacións de formación necesarias para a posta en marcha das solucións adoptadas. Será subvencionable como máximo ata o 10 % do orzamento total do proxecto.
c) Custos de materiais e subministracións, coa condición de que deriven directamente do desenvolvemento do proxecto. Será subvencionable como máximo ata o 50 % do orzamento total do proxecto.
d) Custos de equipamentos, coa condición de que deriven directamente do desenvolvemento do proxecto.
e) Custos de subscrición a software. Admitirase como gasto subvencionable o período de subscrición durante a vixencia da axuda. No caso de que o sistema de adquisición supere o prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable pro rata.
f) Custos de adquisición de licenzas de software e/ou propiedade intelectual ou industrial, sempre que sexan de uso específico para o desenvolvemento das tarefas incluídas no proxecto e non de uso xeral. No caso de gastos en concepto de mantemento, actualización ou outros que superen o prazo de execución da axuda, descontaranse do gasto subvencionable.
g) Desenvolvemento de software específico mediante colaboracións externas de carácter tecnolóxico para a adaptación ou parametrización de solucións directamente relacionadas coa execución do proxecto.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal (exceptuando os produtos alimentarios) como materia prima para a elaboración dos seus produtos.
2. Para a liña 3 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que teñan base asociativa e presten os ditos servizos ou sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Así mesmo e exclusivamente no caso de investimentos vinculados á dixitalización da industria forestal e á rastrexabilidade dos produtos forestais, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) que desenvolvan a súa actividade en Galicia e se dediquen á compravenda de madeira en rolo, á realización de aproveitamentos forestais, á xestión forestal, as que presten servizos de transporte de mercadorías por estrada, así como as empresas de servizos de enxeñaría, deseño, consultoría tecnolóxica e asistencia técnica directamente relacionados con estas actividades.
3. Para a liña 4 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) radicadas en Galicia que se dediquen á compravenda de madeira en rolo e á realización de aproveitamentos forestais.
4. Para a liña 6 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) radicadas en Galicia que implementen ou desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas en madeira.
5. Para os efectos da consideración de pequena e mediana empresa (incluídas as persoas autónomas), tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
6. Para acadar a condición de beneficiarias, as persoas solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou ben, deberán estar dadas de alta nalgún código da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou dispor de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
7. Non poderán acadar a condición de persoa beneficiaria:
a) Aquelas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas solicitantes que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria. A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere procedentes para a súa verificación e requiriralle á solicitante, se for necesario, os documentos oportunos para a verificación do requisito.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán achegar na súa solicitude a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
jueves, 12 de febrero de 2026
AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN, MEDIACIÓN, ASESORAMENTO E ASISTENCIA Á CIDADANÍA EN MATERIA DE CONSUMO
Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Obxecto
Aprobar as bases, que se inclúen como anexo I da resolución, mediante tramitación anticipada de gasto e en réxime de concorrencia non competitiva, polas que se rexerá a concesión de axudas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia ás organizacións de persoas consumidoras e usuarias da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións de información, mediación, asesoramento e asistencia á cidadanía en materia de consumo durante o ano 2026, e proceder á súa convocatoria.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes. Este prazo iniciarase ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.





