martes, 7 de noviembre de 2023

INDEMNIZACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL EN GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR465A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena e pragas regulamentadas, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2023 (código de procedemento MR465A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos vexetais ou produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2023-2027 e no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.
2. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, non sendo posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumprise este trámite.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.