lunes, 6 de noviembre de 2023

BOLSA DESTINADA PARA A FORMACIÓN EN PRÁCTICAS EN MATERIA DE COMUNICACIÓN ESCRITA, EDICIÓN E ASESORAMENTO, CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA E TRADUCIÓN NESTE ORGANISMO

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023 pola que se convoca unha bolsa destinada para a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución neste organismo.

Obxecto
A bolsa terá por obxecto a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución das diversas publicacións en web e noutros medios do Valedor do Pobo.

Requisitos
Poderán ser beneficiarias desta bolsa as persoas que acrediten reunir os seguintes requisitos:
• Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.
• Ser maior de 18 anos.
• Estar en posesión do grao en Tradución e Interpretación, en que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.

Duración
A bolsa terá a duración dun ano e non poderá ser prorrogada.
Ao finalizar entregarase un certificado acreditativo.

Convocatoria.
A convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia e na web do Valedor do Pobo.

Presentación das solicitudes.
As solicitudes e a documentación adxunta presentaranse no Rexistro do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, nº 65, Santiago de Compostela –A Coruña–) o por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste caso, deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación vía correo electrónico (rexistro@valedordopobo.gal) na cal se detalle o medio utilizado de presentación, segundo o modelo que consta no anexo I.

Prazo de presentación.
O prazo de presentación será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.