jueves, 9 de noviembre de 2023

AXUDAS ECONÓNMICAS PARA COMPENSAR OS GASTOS DE SERVIZO DE COMEDOR DAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES PRIVADAS DE INICIATIVA SOCIAL PARA O CURSO 2023/24

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 31 de outubro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o curso 2023/24, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas ás entidades privadas de iniciativa social titulares das escolas infantís 0-3 anos coa finalidade de bonificar e compensar os gastos derivados da prestación do servizo de comedor aos nenos e nenas como persoas usuarias da escola e do dito servizo durante o curso escolar 2023/24, e proceder á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).
2. Para os efectos desta orde enténdese por servizo de comedor o prestado ben por persoal do propio centro, ben por persoal alleo a el e contratado con tal fin (servizo de catering), e que inclúe os alimentos.
Só poderá facer uso do servizo de comedor os nenos e nenas como persoas usuarias do servizo de atención educativa da escola infantil 0-3.
3. Non será subvencionable o uso do servizo de comedor por días soltos.

Entidades beneficiarias
Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social titulares dunha ou máis escolas infantís 0-3 en funcionamento que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a entidade titular da escola infantil 0-3 que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas fose beneficiaria das axudas convocadas a través da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13.1.2021.
b) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
c) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas dispón do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola consellería competente na materia.
d) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e as nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación de conformidade coa normativa de aplicación e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que se solicitan as axudas estea aplicando, pola utilización do dito servizo, un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, entón órgano competente na materia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.