viernes, 20 de octubre de 2023

SUBVENCIÓNS DE XUROS DE PRÉSTAMOS DIRECTOS 2023

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras da subvención de xuros de préstamos directos e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408E).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é regular as condicións e o procedemento de tramitación da subvención de xuros de préstamos directos concedidos polo Igape.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares ou solicitantes de préstamos directos concedidos polo Igape cuxo tipo de referencia que se deberá aplicar para determinar o tipo de xuro sexa maior do 0 %, e que estean ao día dos pagamentos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 8.00 horas do día hábil seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do día 30 de novembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.