lunes, 9 de octubre de 2023

PROGRAMA CENTROS DIXITAIS 2023

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento das pemes para a creación de centros dixitais de xestión remota (Programa centros dixitais) para o ano 2023, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG535B).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e o seu obxecto é apoiar a posta en marcha de proxectos de creación de centros dixitais na provincia da Coruña que contribúan a nivel empresarial ou local a mellorar a dixitalización dos procesos empresariais distribuídos, contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial.
Deben axustarse a algunha das seguintes tipoloxías:
Tipoloxía 1.
O centro dixital estará localizado na provincia da Coruña e promovido e explotado por unha peme para a monitorización, xestión, vixilancia, comando, control, etc. de xeito remoto, dos seus activos, infraestruturas, vehículos ou instalacións.

Tipoloxía 2.
O centro dixital promovido e explotado por unha peme galega, no ámbito xeográfico da provincia da Coruña, para facilitar o desenvolvemento e uso de sistemas de monitorización, xestión, vixilancia, comando, control, etc. de xeito remoto, de activos, infraestruturas, vehículos ou instalacións; destinado de xeito aberto a que sexan utilizadas por terceiros para as súas necesidades e aplicación. Neste caso, os centros dixitais creados deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Estarán á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será prezo de mercado.
b) Deberán permitir a utilización por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice. Non se axustarán a esta tipoloxía os proxectos en que o solicitante ou un terceiro utilice de xeito exclusivo ou moi maioritario a infraestrutura para si ou para a execución propia de proxectos para terceiros. Para os efectos destas bases considerarase utilización moi maioritaria por parte dun terceiro á que supere o 60 % da facturación da infraestrutura.
c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar o centro realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.
d) Deberán prestar servizos dixitais que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude, ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.
O investimento subvencionable por cada proxecto deberá ser superior a 100.000 € e inferior a 3.000.000 €.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pemes, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación do centro dixital proposto, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura (centro dixital) subvencionable na provincia da Coruña.
b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % para proxectos da tipoloxía 2 e un 25 % para proxectos da tipoloxía 1, dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo de dous meses.