lunes, 3 de abril de 2023

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2022/2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311A).

Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Persoas beneficiarias
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.