AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e convocalas para o ano 2023 (código de procedemento CT404F).
Persoas beneficiarias
Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.
Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependente, segundo o artigo 85 da Lei 7/1985, de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.