miércoles, 9 de noviembre de 2022

CONVOCATORIA PROBAS DA CUALIFICACIÓN INICIAL PARA A ACTIVIDADE DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regulan a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

Convocatoria.
Convócanse, para o ano 2023, as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución. Os procedementos asociados a esta norma son o de inscrición ás ditas probas (anexo I-IF310D) e o de devolución de taxas en relación coa dita inscrición (anexo II-IF310E).

Calendario.
No ano 2023 realizaranse oito convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

Convocatoria  Intervalo de realización                             Prazo de inscrición
1ª                     9.1.2023 a 2.2.2023   Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 18.12.2022
2ª                     27.2.2023 a 24.3.2023                                Desde o 19.12.2022 ata o 9.2.2023
3ª                     18.4.2023 a 13.5.2023                          Desde o 10.2.2023 ata o 3.4.2023
4ª                     14.6.2023 a 12.7.2023                          Desde o 4.4.2023 ata o 4.5.2023
5ª                      1.9.2023 a 27.9.2023                           Desde o 5.5.2023 ata o 5.7.2023
6ª                     2.10.2023 a 31.10.2023                        Desde o 6.7.2023 ata o 6.9.2023
7ª                     2.11.2023 a 30.11.2023                        Desde o 7.9.2023 ata o 7.10.2023
8ª                     1.12.2023 a 30.12.2023                        Desde o 8.10.2023 ata o 20.11.2023

Inscrición.

 Solicitudes.
a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.
As persoas aspirantes deberán superar os cursos de formación e cumprir os requisitos exixidos no Real decreto 284/2021, do 20 de abril, ou norma que o substitúa, para poderen participar nas probas de constatación da cualificación inicial.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
b) As persoas aspirantes excluídas ou non admitidas á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, de ser o caso, a través do procedemento IF310E, presentando para o efecto unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.
O prazo de apertura para solicitar a devolución das taxas abrirase a partir do día seguinte ao da publicación, na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, das listas definitivas de admitidos e excluídos, para cada unha das convocatorias.
c) As solicitudes de devolución de taxas (IF310E-anexo II) presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
d) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal, e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, en que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.