martes, 4 de octubre de 2022

PROGRAMA DOUTORAMENTOS INDUSTRIAIS 2022

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 12 de setembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento IN606D).

IN606D_Axudas para os centros de innovación e tecnoloxía e as universidades

Obxecto
Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, programa Doutoramentos industriais, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).
O programa Doutoramentos industriais ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten, que lles permita obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda, e desta maneira abrirlle novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
Os centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

IN606D_Axudas para empresas.

Obxecto
Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, programa Doutoramentos industriais, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).
O programa Doutoramentos industriais ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten, que lles permitan obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda, e desta maneira abrirlles novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).
As axudas concedidas ás empresas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

Entidades beneficiarias
As empresas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
Segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica.