viernes, 14 de octubre de 2022

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN VINCULADA AOS PROGRAMAS DE EMPREGO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 do programa de incentivos a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, vinculados aos Programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede ás súas convocatorias para os anos 2020 e 2021, publicadas no DOG núm. 13 do martes 21 de xaneiro de 2020 e DOG núm. 21 do martes 2 de febreiro de 2021, respectivamente (código de procedemento TR353B). Ambas as dúas ordes cofinanciadas polo FSE, POEX.
2. A finalidade é favorecer o emprego e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas que obtiveron a cualificación de aptas nos programas de emprego descritos no parágrafo anterior.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas e entidades beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 5, 6 e 7 desta orde. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral excepto para celebrar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

Prazo de presentación de solicitudes
2. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 15 de novembro de 2022.