miércoles, 5 de octubre de 2022

PREMIOS RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL DE GALICIA 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2022 (Premios RSE Galicia 2022) (código de procedemento TR320A).

Obxecto
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (código de procedemento TR320A).

Entidades candidatas
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.

Tipoloxía dos premios
Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos: Premio á Responsabilidade Social Empresarial, na cal haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa, e Mención á Conciliación, que non ten categorías independentemente do tamaño da empresa.

Prazo de presentación das candidaturas
1. O prazo para a presentación das candidaturas será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. A presentación de candidaturas ou, de ser o caso, a súa posterior aceptación, implica o sometemento ao establecido nesta convocatoria.
3. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes se entenderán cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de candidaturas.