martes, 11 de diciembre de 2018
MODIFICACIÓNS DO PROGRAMA INDUSTRIAS DO FUTURO 4.0. E DO PROGRAMA CONECTA PEME
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018 pola que se modifica o artigo 42 da Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018 pola que se modifica o artigo 38 da Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio