viernes, 21 de diciembre de 2018

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2019

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 (código do procedemento MT809B).

Persoas beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fora afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2018 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.