CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia, para o ano 2019.
RESOLVO:
Ampliar o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019.