CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
A Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2018 (códigos de procedemento MR462B e MR462C), establece no artigo 42 que a primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberán ser executadas, pagadas e xustificadas con data límite do 19 de novembro de 2018, de acordo coa modificación realizada a través da Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2018.
Dado o reducido prazo de tempo existente entre a resolución da concesión das subvencións e o prazo dado, cómpre ampliar novamente o devandito prazo.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificación do artigo 42 da Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2018
O artigo 42 queda redactado do seguinte modo:
«A primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberán ser executadas, pagadas e xustificadas con data límite do 30 de novembro de 2018».
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.