jueves, 22 de noviembre de 2018

AMPLIACION ORZAMENTARIA DAS AXUDAS DO PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


A Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341Q), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 4 de xuño, establece no seu artigo 5 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2018.

Así mesmo, establece no seu artigo 5.4 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341Q), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 4 de xuño, que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018: 09.40.322C.770.0, código de proxecto 2017 00 021, contía de 1.000.000 €.

Artigo 2
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.